Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Festa dos Libros: Faladoiro sobre creación artística + recital, con Lúa Mosquetera, acompañada polo músico Pablo Seijas

Baixo o lema “Un libro ao teu carón: festa do libro 2023”, as bibliotecas municipais organizan un completo calendario para celebrar o Día do Libro, a semana previa ao 23 de abril, permitindo participar á veciñanza dos seus barrios en roteiros, obradoiros ou conversas con persoas que teñen moito que dicir dos libros.

A quen vai dirixido?:

De 12 a 18 anos

A quen vai dirixido:

Xuvenil

Cando:

21/04/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/04/2023 ata o 21/04/2023

Require inscrición

Horario:

de 18:00 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Número de prazas:

15

Contacto:

brosales@coruna.gal

981184389

Poñemos as linguas a punto con Lúa Mosquetera!

Coñecida polos seus versos reivindicativos e feministas, a poetisa Lúa Mosquetera, autora de diversos poemarios e novela, combina o seu labor como escritora coa participación nas competicións Slam Poetry e concertos nos que recita a súa obra acompañada por música en vivo. 

Teremos a Lúa Mosquetera na Biblioteca Os Rosales, xunto co guitarrista Pablo Seijas para dar renda solta aos miolos nun faladoiro sobre creación artística co gallo do Festival dos Libros. Ademáis haberá un recital con música en vivo.

Esperámoste!

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión