A sala de exposicións Plataforma14 acolle a mostra colectiva Graphic Jam, organizada polo Colectivo Miñoco, e que se artella ao redor do obxectivo de crear un mosaico da producción galega dentro do sector gráfico na actualidade. A mostra está formada por obras impresas e audiovisuais, de autoría individual e colectiva, e nela participan un total de 67 artistas. A temática é libre, debido a que a intencionalidade desta exposición era que participase o maior número de persoas posible e que puidesen facelo creativos/as de todos os sectores gráficos (audiovisual, publicidade, videoxogos, editorial)
Para público en xeral
Dende o 22/01/2018 ata o 22/02/2018
Xa rematou
de luns a venres de 9 a 21 h. e sábados de 9 a 14 e de 17 a 21 h.
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde
Centro Municipal de Información Xuvenil
Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)
Tel.: 981 184 294
correo-e: cmix@coruna.es
Fundado en 2011 por ex alumnos/as da Escola e Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, o colectivo Miñoco está formado por un grupo de ilustradores/as da Coruña que buscan fomentar e promocionar o eido da ilustración e do cómic de Galicia. A partir do 2013 uníronse novas persoas ao colectivo e comezaron a realizar actividades cun ton máis lúdico para achegarse a todos os públicos
A sala Plataforma14, pertencente á Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade.
Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14
Dende o 07/10/2024 ata o 30/10/2024
Dende o 07/10/2024 ata o 30/10/2024
Dende o 15/10/2024 ata o 02/11/2024
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible