Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Hematocrítico Ilustrado

HEMATOCRÍTICO ILUSTRADO é a exposición coa que o Concello da Coruña, en colaboración co HEMATO FESTI, contribúe neste especial momento onde lle rendemos tributo, no mes do seu cabodano, ao inmenso legado como escritor de Miguel Ángel López González, HEMATOCRÍTICO, resaltando especialmente o seu impacto no ámbito da literatura infantil e o entretemento.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/11/2024 ata o 06/01/2025

Enderezo:

Sala de exposicións PALEXCO. Paseo Asociación de la Prensa s/n. 15003 A Coruña

Documentos:

Cartel da exposición (200 KB)

Esta exposición non só celebra o talento dun autor irrepetible, senón que tamén convida (como el fixo) á reflexión sobre o papel fundamental que a literatura e a ilustración desempeñan na formación de pensamentos críticos e creativos na sociedade contemporánea. Hematocrítico Ilustrado configúrase a través das ilustracións que acompañan as narrativas das súas obras, brindando unha perspectiva única e orixinal sobre o seu labor editorial. Conta cunha singular colección de creacións de destacados ilustradores e ilustradoras que traballaron man con man con Hematocrítico: Alberto Vázquez, Mar Villar, Paco Roca, Eugenia Ábalos, Olga Capdevila, Albert Monteys, Martín Romero, Laura *Árbol e Cyntia Hierro, achegando as súas visións creativas para enriquecer o Universo Hematocrítico. Hematocrítico Ilustrado é unha experiencia visual e lúdica, destinada a un público diverso e amplo: a exposición complétase cunha sección dedicada a El Hematocrítico de Arte (o seu primeiro éxito editorial) que reflicte o seu perfil nas redes e blogs de Internet, e cun espazo didáctico para as/os máis pequenas/os, onde poderán practicar a súa escritura a través de divertidos exercicios. Ademais, a mostra está concibida como unha gran Biblioteca Hemato, onde as persoas visitantes terán a oportunidade de gozar dos seus enxeñosos contos. Hematocrítico Ilustrado estará en PALEXCO desde o 5 de novembro ata despois das festas de Nadal.

Exposición comisariada por Matilde Rodríguez, especialista en ilustración e xestora cultural.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión