Pre-estrea da película de Zenit Televisión dirixida por Zaza Ceballos
Para público en xeral
06/03/2017
Xa rematou
20 h
101 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Gratuíta con invitación
En 1871, Juana de Vega, tras unha vida intensa e xa ao final dos seus días, dita o seu testamento. A súa gran preocupación é deixar en marcha o seu último proxecto: unha Granxa Escola para os campesiños do lugar. Ante a curiosidade do avogado por este interese case obsesivo de Juana, a Condesa inicia o relato dunha das historias da súa vida. Anos atrás recibiu un encargo moi singular: educar a raíña Isabel II (entón unha nena de 11 anos) para facer dela a primeira raíña constitucional, unha raíña caritativa e xusta. Juana, firme crente no poder da educación, aceptará o encargo de formar a que se pasou a chamar "a alumna da liberdade".
Aos poucos, Juana intentará gañar a confianza da raíña-nena, no medio dun ambiente de conspiracións palacianas que desembocarán no intento de secuestro das infantas.
Con Sonia Castelo, Luisa Merelas, Rosalía Alonso, Carmela Pena, Adrián García, Blanca Cedán, Miquel Insua, Xoel Fernández, Fina Calleja, Iván Marcos, Lino Braxe, Casilda Alfaro, Iria Parada, Luisa Martínez, María Tasende, Adrián Castiñeiras, Ana Sanmartín, Sergio Quintana e Carlos Olalla.
Dirección: Zaza Ceballos
*Recollida de invitacións no despacho de entradas da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Os días 21/11/2024, 22/11/2024, 23/11/2024
Os días 21/11/2024, 22/11/2024, 23/11/2024
Os días 28/11/2024, 29/11/2024, 30/11/2024
Os días 28/11/2024, 29/11/2024, 30/11/2024
Os días 04/11/2024, 09/12/2024, 16/12/2024
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible