Baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as bibliotecas municipais queremos convidar á veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19 onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e literatura de noso ao longo do ano, pero estes días en especial ofertamos contacontos, obradoiros, monicreques e outras actividades para diversas idades.
De 3 a 8 anos
Familias
Infantil, Familias
12/05/2023
Ya ha finalizado
Desde el 09/05/2023 hasta el 12/05/2023
De 18.00 a 19.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Plaza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
##sinteengalego #díadasletrasgalegas #letrasgalegas2023 #fernandezdelriego
981184389
Na Biblioteca Os Rosales contamos con Mircromina Teatro de Títeres, unha compañía enfocada ó público infantil e familiar, creada por Ton Arenas. Produce espectáculos apelando ao humor e á diversión como os elementos indispensables e necesarios para as súas representacións.
Raio the Loubican, metade lobo metade can, é un divertido e interactivo espectáculo de monicreques no que un can recolle a atención de todo o público contando a súa historia sorprendendo e divertindo por igual a maiores e menores.Sobre o escenario bonecos vivos contando a súa historia mentres un presentador os anima con tres técnicas de manipulación distintas e debuxa o fio estructural do show. Temos a Antolín o Bailarín que repenica unha canción suspendido desde unha cruceta a ritmo de muiñeira. Coñeceremos ao Veciño perseguindo e axexando ao can Linkecho a ritmo de manipulación tradicional de luva. E como broche final un Raio The Loubican que nos xiringa desde o seu teatro trono.
Só os nenos e nenas necesitan anotarse. Imprescindible a asistencia dunha persoa adulta.
Esperámosvos!!!
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible