Contos, cancións e historias da man de Caxoto.
Infancia, Familias, Para público en general
12/09/2023
Ya ha finalizado
Desde el 08/09/2023 hasta el 12/09/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas ata os 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
17.00 horas
35 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Xan, dono dunha granxa, terá un problema co seu galo que pode condicionar toda a vida cotiá da granxa. A través de pequenas historias, cancións e contos, Xan intentará arranxar o funcionamento da súa granxa.
Un dos nosos narradores orais favoritos, Caxoto, volve ao noso programa Apego cos petos cheos de contos, música e bo humor para toda a familia.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible