#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en general
28/10/2024
Ya ha finalizado
Acceso libre até completar a capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 28 de outubro ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación da novela "O libro do poder" de Xohán Xabier Baldomir Cabanas publicado por Íbera Ediciones.
O acto será presentado pola bibliotecaria Vanesa Santiago.
Biografía:
Xohán Xabier Baldomir Cabanas naceu en Culleredo no ano 1983 e, nese mesmo concello, exerce como profesor de ensino secundario.
Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña desde o ano 2010, a maioría das súas publicacións foron ensaios relacionados coa historia e coa literatura galega, nas cales se dedicou principalmente a abordar temas pouco estudados ou esquecidos (os Séculos Escuros, a obra do humorista galego O Xestal, o xénero do entremés en galego,...). Tamén publicou un Breve dicionario galego de termos teatrais no 2010 e, no 2013, un libro de poemas titulado Breve poemario de Don Anónimo. No ámbito da narrativa, no 2022 deu á luz xunto coa súa irmá, María Carmen Baldomir, o título Casas enfeitizadas e outros fenómenos estraños.
O teaser da obra:
Un máxico mundo paralelo.
Un emperador tirano que derrotar.
Unha terra que liberar dentro da realidade en que viven os mitos.
Un par de adolescentes honestos que descubrirán a verdade.
Unha esperanza. Un libro. O libro do poder.
También te puede interesar
Desde el 12/08/2024 hasta el 08/01/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible