Pinturas de Sara Blanco
Para público en xeral
Dende o 09/10/2019 ata o 10/11/2019
Inauguración o mércores 9 de outubro ás 19.30 h
Xa rematou
- Luns: pechado
- De martes a sábado
Mañás: de 11:00 a 13:30 h
Tardes: de 18:00 a 20:00 h
- Domingos e festivos
Mañás: de 12:00 a 14:00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
A obra de Sara Blanco é, certamente, expresiva dunha exquisita sensibilidade e unha gran capacidade de realización. E isto, independente da idea poética que tensou a súa virtude creadora para facerse relación harmónica de volumes, de liñas, de cores..."
"Sara non establece un diálogo coa pintura, senón que dialoga en pintura. O inicio pode supoñer unha pugna, pero unha vez achado o caudal sensitivo que canaliza cada acción sobre o papel, a pintora déixase levar.
O tratamento das cores, a atmosfera, o fugaz e o perpetuo, os espazos e o tanxible, co aire que se filtra desde o interior de cada obra, derivan en interpretacións que superan o labor literal para achegarse a aqueles que resultan da prolongación do mesmo ser que os crea.
A sutileza nas cores, a importancia do sinxelo, a imaxe velada, fálannos e dialogan connosco..."
Dende o 07/10/2024 ata o 30/10/2024
Dende o 07/10/2024 ata o 30/10/2024
Dende o 15/10/2024 ata o 02/11/2024
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible