PRAZAS ESGOTADAS
Familias, Infancia
16/11/2019
Xa rematou
Recepción das/dos participantes no Fórum Metropolitano, ás 19.00 h do sábado 16 de novembro (auditorio) e entrega o domingo 17 de novembro, ás 13.00 h, na entrada principal do Fórum Metropolitano.
PRAZAS ESGOTADAS
O prezo que deberá abonar por cada neno/a que participe será de 25,00 € (45 euros no caso de 2 irmáns/irmás, 55 euros no caso de ser 3. Consúltese para outros casos).
Inclúe a cea do sábado (bolos con salchicha, tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais.
Inscrición: as nenas e nenos que participan nas actividades do programa de Lecer de Fórum e/ou Ágora inscribiranse na conserxaría do Fórum Metropolitano ou do Ágora, do 26 de outubro ao 2 de novembro (incluídos), de 9.00 a 20.00 h, de luns a venres e os sábados de 9.00 a 13.30 h. Para as demais persoas interesadas, a partir do luns 4 de novembro, por rigorosa orde de inscrición.
As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubriren un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.
Só se entregarán 3 solicitudes por persoa (agás no caso de irmáns).
Se o queres pasar ben...
... atrévete a internarte nun mundo máxico, cheo de sorpresas, onde todo é posible... Moitas son as aventuras ao longo do mundo pero como as que vivirán no Fórum, nunca serán contadas. Maxia, misterio, encantamentos... estarán no Fórum para facer da nosa noite unha velada divertida e única...
A maxia impreganará todos os recunchos do Magicum Fórum!
Vén a vivir a maxia e prepárate para pasar unha noite de encantamentos e feitizos na que nada vai ser o que parece.
Atravesa a plataforma 14 ¾ que dá acceso ao mundo máxico e explora o Magicum Fórum, sede das máis emblemáticas casas máxicas onde se ocultan fascinantes misterios que resolver.
Aprende e demostra as túas habilidades e destrezas máxicas e que fan de ti un mago ou unha maga excepcional.
Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible