Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
Iniciar sesión

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Poetas di(n) versos: Sergio García Zamora & Manuel López Rodríguez

Grandes poemas actuais en voz dos seus propios autores. O luns 16 de xaneiro contará coa participación de poeta cubano Sergio García Zamora e o poeta noiés Manuel López Rodríguez.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

16/01/2023

Ya ha finalizado

Horario:

20:00 h 

* Pídese puntualidade. 

O encontro será retransmitido tamén en streaming e poderá seguirse na canle de Youtube do ciclo.

Duración:

1 h aprox.

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

libre e de balde (ata completar o aforo) 

Organiza:

A poeta e xestora cultural Yolanda Castaño.

Contacto:

agora@coruna.gal

981 18 98 88

O poeta cubano Sergio García Zamora naceu no ano 1986 en Santa Clara, e licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade Central Marta Abreu de Las Villas. En Cuba foi tamén fundador do Grupo Literario "La estrella en germen". Ademáis de desempeñarse como escritor e conferenciante, ten coordinado obradoiros literarios en colexios, institutos e universidades de Colombia, Nicaragua e México. 

Autor dunha ducia de poemarios, o multipremiado García Zamora constitúe unha das voces máis fulgurantes na poesía latinoamericana. 

Entre os seus títulos publicados cabe salientar Resurrección del cisne, que acadou o Premio Rubén Darío e se editou en Nicaragua no ano 2016 e especialmente, un bo número de libros que foron galardonados e publicados en España. Estes son: El frío de vivir (2017) que publicou Visor co gallo do Premio Loewe a la Creación Joven; Diario del buen recluso, editado en 2018 grazas ao Premio Gabriel Celaya, La canción del crucificado, Premio Blas de Otero de Majadahonda en 2018; Los uniformes que levou o Premio Jorge Manrique en 2019; Los conspiradores, galardoado co Juan Alcaide en 2020 e Los maniquíes enfermos que se fixo co Premio Blas de Otero-Ángela Figuera no ano 2021.

O poeta noiés Manuel López Rodríguez (1978) foi membro cofundador do Colectivo Literario-artístico Sacou, do dúo poético-musical NoN Somos NóS, responsable de Acha Escrava Editora e da plataforma literaria A Lanzadeira de Alcor que organiza - entre outras actividades - as tres edicións do Encontro Nacional de Poetas en Idioma Galego. Na actualidade estuda Historia da Arte e, alén da poesía, experimenta coa fotografía, pintura e vídeo. 

Botou a andar a súa prolífica bibliografía en 2008 con Antítese nativa (reeditado en 2010 a canda o título A demarcación do volcán). Máis nomeadamente nos últimos tres anos, publicou oito poemarios, a meirande deles galardoados con premios entre os que salientan o Suso Vaamonde, o López Ardeiro, o Eduardo Pondal, O Concello de Carral, o Avelina Valladares, o Francisco Añón, o Rosalía de Castro, o Lueiro Rey, o Díaz Castro ou o Arume para a infancia. Estamos a falar de Rompe (2020), Desde onde non nace (2020), Vangarda Ule (2020), Nas pulsacións (2021), Para que non me esqueza (2021), Baixo terra. No ar (2022), O cemiterio. A néboa (2022) e A flor da letra (2022). Algunhas composicións súas incluíndo conxuntos poemáticos viron a luz en publicacións de carácter colectivo.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible