O acto terá lugar o xoves 4 de xullo, ás 19.30 h, no Planetario da Casa das Ciencias.
Profesorado de Infantil e Primaria
Asociaciones o centros escolares
04/07/2024
Xa rematou
Asistencia gratuíta con inscrición previa neste formulario
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Gratuíto, con inscrición previa neste formulario
A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses e a Universidade de Santiago de Compostela, presenta o libro «O firmamento animado». O libro é un material didáctico de astronomía dirixido a nenos e nenas de educación infantil e primeiros cursos de primaria. Contén tres apartados: unha guía didáctica con recomendacións para o seu uso, unha guía astronómica para introducirse nos coñecementos básicos de astronomía sobre as constelacións e os contos con ilustracións que nos transportan a unha viaxe máxica polo firmamento, percorrendo 10 constelacións que representan animais visibles desde Galicia.
No acto de presentación participarán as persoas autoras do libro e as coordinadoras do proxecto, que explicarán en detalle o proceso de creación desta publicación e o seu contido.
A asistencia a este acto de presentación, especialmente dirixido a profesorado e profesionais da educación, así como monitores e divulgadores de astronomía, é gratuíta, pero é obrigatoria a inscrición previa a través deste formulario.
«O firmamento animado» é o resultado dun proxecto de "Aprendizaje-Servicio" no que colaboraron a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, con apoio dos Museos Científicos Coruñeses.
19/07/2024
Entrada libre ata completar a capacidade.
Dende o 12/07/2024 ata o 21/07/2024
Dende o 23/04/2024 ata o 21/07/2024
24/07/2024
Dende o 22/07/2024 ata o 26/07/2024
O 25 de xullo non haberá taller por ser festivo e pechar as bibliotecas.
Dende o 15/07/2024 ata o 22/07/2024
Require inscrición.
27/07/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible