Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do libro: "Humanitas, del polvo estelar a la revolución consciente".

Coñece a última obra de Sergi Torres e Xavier Ginesta!

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

02/07/2024

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 18.30 a 20.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

A Associació Cultural per a la Lectura i la Pràctica del Llibre e a editorial Paràbola Edicions presentan "Humanitas: del polvo estalar a la revolución consciente", da man dos seus autores, Xavier Ginesta -doutor en Enxeñería Eléctrica pola Universidade de Nova York- e Sergi Torres -divulgador, conferenciante e escritor.

O evento terá lugar o martes 2 de xullo na Biblioteca Ágora e desenvolverase en horario de 18.30 a 20.30.

Sinopse da obra (Open Prisma)

Somos realmente dignos do calificativo de sapiens? A ciencia permitiunos trazar a historia do universo ata a súa orixe, pero o que non nos explica é como o polvo estelar que emerxeu do Big Bang acabou dando forma a criaturas que cren que o sentido da súa existencia é ter un iPhone de última xeración ou comprarse unha casa no metaverso. Séculos de esforzos científicos por intentar entender o feito existencia non serviron para sacarnos do pozo do "só sei que non sei nada".

Cal é o sentido da vida? Desde tempos inmemoriais, os seres humanos fixémonos esta pregunta sen atopar resposta convincente. Quizais por iso son cada vez menos os que o cuestionan e máis os que concentran o seu interese en saber cando sairá a seguinte temporada da súa serie preferida.

Este libro é un convite a reencontrarnos con preguntas que quedaron esquecidas e reflexionar sobre a farsa á que, desde a perspectiva evolutiva, reducimos o feito existencial. A través dun texto entretido e poético por momentos, que fusiona con rigor as visións científica e espiritual con chispas de humor e ironía, os autores invítannos a reinterpretar o camiño trazado polo polvo estelar desde o Big Bang ata os nosos días e propóñennos unha nova visión, completamente transgresora, de quen somos e do futuro cara ao que nos diriximos.

Sobre Xavier Ginesta

Xavier Ginesta é PhD en Electrical Engineering pola Universidade de Nova York (NYU) e presidente de Voxel, empresa con sede en Barcelona e líder mundial en facturación e pago electrónico no sector turístico.

Entre as súas paixóns destaca o seu afán por transformar o rol das organizacións na sociedade, cousa que se expresa a través do seu liderado en Voxel, considerada o terceiro mellor lugar onde traballar en España segundo o ranking Best Workplaces 2020, e como impulsor do Festival of Consciousness, un evento transformacional orientado a sacudir o noso sistema de crenzas e promover unha visión máis consciente do mundo ao cal nos diriximos.

Sobre Sergi Torres

Sergi Torres é un místico contemporáneo. A súa proposta é o autocoñecemento, asumindo como punto de partida ao Misterio do que xurde a nosa experiencia humana consciente.

A súa forma de compartir é a través dunha invitación constante á autoindagación: "Coñécete a ti mesmo". Divulgador e escritor de varios títulos, todos eles apuntan cara ese recoñecemento individual que subxace detrás da nosa percepción.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión