Incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais.
Non poderán ser beneficiarias:
- As persoas que desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social.
-As sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran nin os autónomos colaboradores.
Xuvenil, Para público en xeral
Dende o 01/01/2020 ata o 30/09/2020
Xa rematou
Dende o 01/01/2020 ata o 30/09/2020
En todo caso, o prazo para a presentación das solicitudes rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:
Primeira persoa traballadora indefinida:
* 4.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada.
* 6.500 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas con discapacidade.
- Persoas en situación ou risco de exclusión social.
Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:
* 6.500 euros cando se trate dunha persoa desempregada.
* 9.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Persoas con discapacidade.
- Persoas en situación ou risco de exclusión social.
Estas contías resultantes incrementaranse nun 25% nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
- Se a persoa incorporada é unha muller.
- No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
- Persoas maiores de 45 anos.
- Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada.
- Persoas trans.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioG0424-140120-0020_es.pdf
Xunta de Galicia
Liñas de subvención: dous tipos de axuda compatibles
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible