Novas actividades do proxecto #MulleresNaRúa
Para público en xeral
Os días 04/11/2024, 09/12/2024, 16/12/2024
Asociación Veciñal Oza - Gaiteira - Os Castros
Exposición (vestíbulo do Fórum Metropolitano)
desde o 4 ata o 16 de novembro
Exposición de Ricardo Carvalho Calero sobre Rosalía de Castro
Cinema (Sala Marilyn Monroe no Fórum Metropolitano)
9 decembro - 19.00 h
Proxección do documental "Sacar á luz. A memoria das rapadas"
Relato das mulleres que foron rapadas durante o franquismo. A través dos testemuños de mulleres represaliadas, de dous dos seus fillos e fillas criados entre silencios e relatos contados a medias, dos familiares aos que os alcanzou o legado da súa memoria e de persoas investigadoras empeñadas na tarefa de sacar á luz estes crimes, faise visible un sufrimento que marcou a vida de varias xeracións.
Charla (Biblioteca Fórum Metropolitano)
16 decembro - 19.00 h
Charla con Carmen Nieto, membro da directiva de ADEGA, sobre ecofeminismo.
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible