Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ricky Martin Live 2024

Prepárense para vivir unha noite chea de ritmo e paixón! O lendario cantante e bailarín internacional Ricky Martin está listo para facer novamente historia na Coruña cun concerto que promete ser inesquecible.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/07/2024

Horario:

22.30 h

Apertura de portas ás 21.00 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

  • A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
  • No momento da compra das entradas débense indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir, tal e como figuran nos seus DNI.
  • Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.
  • No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.
  • Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Documentos:

RICKY-MARTIN---Autorizacion-menores--.pdf (112 KB)

Ricky Martin, coñecido polos seus éxitos mundiais e a súa enerxía contaxiosa no escenario, chega á Coruña o vindeiro martes 9 de xullo coa súa longa listaxe de mellores cancións, facendo un repaso á súa brillante carreira artística. As persoas asistentes poderán gozar da maxia de Ricky Martin en directo, acompañado dunha produción de alto nivel e cheo de emoción.

VENDA DE LOCALIDADES

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión