Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

SomosPro: Ciencias, esencias e pestilencias

Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.

A quen vai dirixido?:

Para nenos e nenas de 9 a 14 anos

A quen vai dirixido:

Infantil

Cando:

26/03/2025

Inscricións:

Dende o 19/03/2025 ata o 26/03/2025

Require inscrición

Horario:

Das 18.30 ás 20.00 h

Duración:

1,5 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

mércores 26 de marzo ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o obradoiro "Ciencias, esencias e pestilencias" impartido polas bibliotecarias do Fórum, para nenos e nenas de 9 a 14 anos.

Cantos cheiros pode recoñecer o teu nariz? Sabías que o olfacto do salmón funciona coma un GPS? Onde facía as súas necesidades o Rei Sol? Como se lavan os astronautas?

Neste novo obradoiro de SomosPro descubriremos todo isto e moito máis, destacando o papel da muller como perfumista e facendo un percorrido polos inventos relacionados coa hixiene e a sucidade, xa que a historia da hixiene é tamén a historia da civilización.

Agardámosvos na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!

Actividade con inscrición previa.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible