Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos de idade, que deberán ir acompañados, terá lugar os días 25 e 26 de maio
Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos de idade, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta, que entrará gratis.
Para público en xeral
Os días 25/05/2024 ás 12:00 , 26/05/2024 ás 12:00
Xa rematou
A adquisición de entradas poderase facer a partir do mércores 22 de maio nesta ligazón.
Dúas sesións, o sábado 25 e o domingo 26 de maio, en horario das 12.00 ás 13.30 horas
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
15 prazas en cada sesión
Prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que lle corresponda a cada persoa participante.
O Aquarium Finisterrae organiza un obradoiro para aprender a debuxar quenllas con motivo do aniversario da entrada da quenlla touro Gastón ao tanque da Sala Nautilus, o 24 de maio de 2006. Esta actividade, enmarcada nos actos de celebración do 25 aniversario do Aquarium Finisterrae, realizarase o sábado 25 e o domingo 26 de maio, en horario das 12.00 ás 13.30 horas.
Para participar hai que adquirir a entrada previamente, aboando a tarifa que lle corresponda a cada menor, que deberá ir acompañado dunha persoa adulta (esta terá acceso gratuíto). Ofrécense un total de 15 prazas cada día e está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos.
O taller será impartido por Blanca Orro Toral, artista coruñesa autora da pintura dunha quenlla branca de 2 x 1,5 metros que está instalada no acceso á Sala Nautilus do Aquarium Finisterrae.
Gastón, a quenlla touro do Aquarium Finisterrae
O 24 de maio de 2006 o tanque da Sala Nautilus incorporou unha nova especie, un exemplar de quenlla touro que chegara tres meses antes procedente do acuario de Brest, na Bretaña francesa. No Aquarium Finisterrae púxoselle o nome de Gastón, que medía entón 3 metros de lonxitude e pesaba 120 quilos.
Gastón naceu en 1996 nas frías augas da costa surafricana e cando foi capturado tiña 3 anos de idade, medía 180 cm de lonxitude e pesaba 50 kg. Así chegou ao Oceanópolis, o acuario de Brest, onde viviu varios anos en compaña doutros exemplares da súa mesma especie, ata que a convivencia se volveu moi difícil, xa que se pelexaban frecuentemente, chegando mesmo a causarse feridas e cortes na pel. Foi entón cando as súas persoas coidadoras decidiron que había que trasladalo, e chegou entón á Coruña.
Tras chegar ao Aquarium Finisterrae permaneceu en corentena durante varias semanas, adaptándose á temperatura das augas atlánticas, pois viña dun tanque tropical, e manténdoo nun ambiente de tranquilidade sen ruídos nin presenza de moita xente ao redor. Tras un tempo, Gastón comezou a comer con normalidade e chegou a engordar 20 kg, sinal de que o proceso de adaptación transcorrera con éxito, polo que se puido incorporar ao tanque da Sala Nautilus, onde vive desde entón en compañía doutras especies de quenllas, como musolas, cazóns, patarroxas e rañortes.
Os días 07/10/2024 ás 20:00 , 04/11/2024 ás 20:00 , 23/12/2024 ás 20:00
26/12/2024
28/12/2024
Dende o 21/12/2024 ata o 03/01/2025
Os días 02/01/2025, 03/01/2025
04/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible