Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Todo Público outono 2023 - "Full house", de Eléctrico 28

Premio ao Mellor Espazo Sonoro. FETEN 2023

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

11/11/2023

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 €

* (abono 3: 3 entradas para a mesma función: 15,00 €)

(menores de 3 anos: 2,00 €)

**O abono só se vende no despacho de billetes.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://www.electrico28.org/work/full-house-es/?lang=es

Organiza:

IMCE

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Unha fábula moderna sobre a cohabitación urbana que trata sobre os desafíos que supón superar diferenzas, sen texto e a través do teatro físico e a música en vivo.

"Full house" conta a historia dos veciños Koala, Can e Cabalo que viven porta con porta. Koala está, simplemente, namorada do mundo, Can é un solitario apaixonado da música clásica e o enerxético Cabalo ten sempre catro pratos cociñándose ao mesmo tempo. Están tan ocupados consigo mesmos e co seu día a día que nin sequera se decatan das necesidades dos demais.

Con iso parece que o conflito está ao virar a esquina. A guinda do pastel chega cando Tigre chega á comunidade como novo inquilino. A súa actitude exuberante supera a de todos os demais por completo. A súa chegada crea unha circunstancia na que os conflitos explotan mais, á vez, todos comezan a fixarse nos seus semellantes por primeira vez. Neste contexto xorde unha nova e inesperada situación cando Tigre convida a todos á súa festa do "Quentamento da casa", o que fai posible que todos se atopen e comecen a perder os seus prexuízos contra os demais.

Con: Nicolás Carbajal / Adam Purtí, Ana Redi Milatovic / Momo Fabré, Alina Stockinger / Ana Claramonte, David Franch / Josep Cosials

Son e música en directo: Siruan Darbandi / Ricardo Cornelius

Autoría: Eléctrico 28 e DAHIR

Dirección: Ana Redi-Milatovic

Adaptación: Sergi Estebanell, Ana Redi-Milatovic, Alina Stockinger

Teatro de máscaras sen texto con música en directo

Público: a partir de 4 anos

VENDA DE ENTRADAS:

  • WEB: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde 1 hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

  • Ciclo Principal: Tan solo el fin del mundo

    Cando:

    Dende o 13/09/2024 ata o 14/09/2024

  • "Palabras", de Baobab Teatro (auditorio)

    Cando:

    17/09/2024

    Inscricións:

    Dende o 13/09/2024 ata o 17/09/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • "Estrafalaria", de Xarope Tulú

    Cando:

    24/09/2024

    Inscricións:

    Dende o 20/09/2024 ata o 24/09/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Bulebule - Os Náufragos Teatro

    Cando:

    27/09/2024

  • Ciclo Principal: Don Ramón María del Valle-Inclán

    Cando:

    Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024

  • Gran Gala Internacional de Ilusionismo GALICIA ILUSIONA

    Cando:

    Dende o 03/10/2024 ata o 04/10/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión