Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Todo Público outono 2024 - "Nanai da China", de Pérez&Fernández
"Nanai da China" é un espectáculo de teatro para público familiar onde monicreques e actores se fusionan para representar un conto orixinal cheo de maxia, aventuras e humor.
Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión.
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
Nanai naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana dende que nace por pura superstición. Ela só sabe axudarlle ao seu avó para cultivar o arroz máis delicioso a este lado do río Yangtsé na compaña de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sempre sae tan ben como imaxinaron.
Compañía: Pérez&Fernández
Texto orixinal: Xabier Romero
Adaptación e dirección: Victoria Pérez
Elenco: Victoria Pérez e Manu Fernández
Duración: 50 minutos
Espectáculo en galego
Público: + 5 anos
Premio María Casares na categoría de monicreques 2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible