Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

XOAP 2025: prazo de inscrición (alumnado matriculado en centros da cidade)

Inscrición para o alumnado matriculado en centros da cidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/01/2025 ata o 07/02/2025

Entre os días 17 e 24 de febreiro de 2025 terá lugar a II edición das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025).

Organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, estas xornadas teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Fará a solicitude en liña directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través da ficha de inscrición, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.

O prazo de inscrición para o alumnado matriculado en centros da cidade será do 20/01/2025 ata o 07/02/2025 ás 14.00 horas.

Máis información na páxina do programa: II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) .

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión