Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Xurxo Gómez-Chao "Arquivo de protocolos"

Na dilatada traxectoria artística de Xurxo Gómez-Chao destaca unha evolución desde os seus inicios na pintura ata os seus últimos traballos nos que a fotografía se converteu no seu medio de expresión fundamental.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/09/2023 ata o 26/10/2023

Xa rematou

Horario:

Luns a xoves das 09.30 ás 14.00 h e das 16.30 ás 19.00 h

Venres das 09.30 ás 14.00 h

Venres tarde e sábados con cita previa no 610 759 934

Enderezo:

Moret Art. Rúa Uruguay 1, Bj. 15004 A Coruña

Páxina web:

https://moretart.com/

Organiza:

Moret Art

Contacto:

Galería Moret Art

Rúa Uruguai, 1

15004 A Coruña

+34 981 927 376

moretart@moretart.com

Os protagonistas das súas imaxes adoitan ser elementos que acha na súa realidade cotiá que reinventa para crear unha obra nova e independente de carácter multidisciplinar na que combina a fotografía con outros medios como a instalación, a pintura, a cerámica ou o vídeo. A presenza da natureza, a dualidade entre o racional e o visceral, entre o material e o onírico, as referencias á cultura clásica, e á historia da arte son elementos comúns do seu universo creativo.

O proxecto "Arquivo de Protocolos", parte da reflexión sobre os distintos procedementos que existen á hora de crear e de como eles se foron repetindo de maneira recorrente ao longo da Historia da Arte. Trátase dun proxecto que Gómez Chao comezou coa presentación dunha instalación efémera no Museo de Belas Artes da Coruña e que foi ampliando ao longo dos anos posteriores. O conxunto de obras que se presentan en Moret Art destacan tanto pola complexidade do proceso creativo, como pola potencia das metáforas visuais. Nunha parte delas, Gómez Chao volve a súa persoal ollada á Historia da Arte para construír fantásticos enganaollos a través da superposición de multitude de obxectos que se van revelando ao deternos neles e así podémonos achegar desde unha nova perspectiva ao barroco español ou á obra de Utamaru ou Klimt. Nas máis recentes, a creación abórdase a partir da destrución, e para iso o autor inmortaliza o instante no que distintas pezas de porcelana escachan en mil anacos e delas emerxe unha obra de grande elegancia e dinamismo.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible