Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2024
Aberta a preinscrición do 20 ao 22 de maio.
Outras datas importantes:
*Só para campamentos urbanos, de día e de pernoctación
Sen resultados.
As e os menores participantes deberán cumprir os requisitos específicos dos campamentos nos que se inscriban.
A preinscrición será telemática a través desta páxina.
Campamentos dispoñibles
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 01/01/2012 ao 31/12/2020
Datas: do 1 de xullo ao 10 de setembro en 5 quendas:
Horario: de luns a venres en horario de mañá (nos días festivos non hai campamento)
Prezo: 26 euros para horario xeral e 32 euros para horario ampliado
Prazas: 2.250 prazas, 15 prazas por grupo (56 prazas para necesidades educativas especiais)
Sede: Centros Cívicos Municipais
Outra información de interese: os grupos con menos de 9 menores inscritos non se formarán e serán distribuídos noutros grupos A quenda de setembro finalizaría o día anterior ao comezo do curso escolar. Existen 130 bolsas.
Máis información
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados entre o 01/01/2012 e o 31/12/2020
Datas: do 1 de xullo ao 30 de agosto en 4 quendas:
Horario: de luns a venres
Prezo: 85 euros
Prazas: 416 en total, 104 prazas por quenda (16 para necesidades educativas especiais)
Sede: instalacións deportivas do Colexio Calasanz PP Escolapios
Outra información de interese: o prezo do campamento inclúe o transporte e a comida das/os menores. Existen 48 bolsas.
Máis información
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016
Datas: en 4 quendas:
Grupos: 2 grupos de 8 a 11 anos e outros 2 de 12 a 16 anos
Prezo: 85 euros
Prazas: 180 prazas, 45 por quenda (4 para necesidades educativas especiais)
Sede: Albergue xuvenil LUG2 (rúa Pintor Corredoira, 4, 27002 Lugo)
Outra información de interese: existen 12 bolsas.
Máis información
Persoas destinatarias: nenas e nenos de 12 a 17 anos (nacidos entre 2007 e 2012)
Datas: do 1 ao 26 de xullo en dúas quendas:
Grupos: 5 grupos en cada quenda
Horario: de luns a venres en horario das 9.00 ás 14.00 h
Prezo: gratuíto. Ao ser unha actividade de carácter gratuíto e con alta demanda, a falta inxustificada supoñerá a baixa inmediata da persoa participante na actividade.
Prazas: 100 prazas, 50 por quenda
Sede: Polideportivo de Labañou. A actividade combinará unha sede fixa con saída a espazos urbanos para realizar actividades ao aire libre.
Outra información de interese: habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con seis paradas establecidas pola organización.
Tipoloxía de actividades:
Máis información
Persoas destinatarias: escolares matriculados/as nos CEIPs do Concello da Coruña no actual curso 23/24
Datas: do 25 de xuño ao 31 de xullo nunha quenda de catro días en xuño e dúas quincenas en xullo.
Horario: de luns a venres en horario de mañá
Prezo: entre 16 e 40 euros
Prazas: 1.215 prazas
Máis información
Persoas destinatarias: escolares matriculados/as nos cursos 1.º a 6.º de educación primaria e 1.º a 3.º de ESO en centros públicos do Concello da Coruña no curso 23/24
Datas: do 25 de xuño ao 26 de xullo en 5 quendas
Horario: de luns a venres en horario de mañá
Prezo: entre 16 e 20 euros
Prazas: 225 prazas
Máis información
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 1/01/2012 ao 31/12/2020
Datas: do 25 de xuño ao 30 de agosto en 5 quendas:
Grupos: 9 grupos por centro e quincena, agrupados por idade
Horario: xeral: das 10.00 ás 14.00 h. Coa posibilidade de ampliación horaria desde as 8.30 ás 14.30 horas. O último día de cada campamento faremos unha saída e chegaremos ás 17.00 h. Cada participante deberá traer a súa comida. Estas datas serán os días: 5 e 19 de xullo, 2, 16 e 30 de agosto.
Prezo: só campamento: 35,00 €. Con ampliación horaria: de 38,00 a 42,50 €
Prazas: 1.350 prazas. Reservarase unha porcentaxe de prazas de cada quenda (adxudicadas segundo o número de sorteo) para solicitantes con diversidade funcional nun grao que lles permita participar nas actividades co grupo. Nestes casos, non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.
Pago: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta: ES76 2080 0036 6230 4002 1977.
Enviarase o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org xunto co nome do/a participante, a quenda, o centro e modalidade horaria correspondentes. En caso de non realizar o pago ou non enviar o comprobante bancario, nos devanditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da lista de espera para cubrila. Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o campamento, só se devolverá o seu impornte se se cobre a praza con outra persoa solicitante.
Sede: Fórum Metropolitano e Centro Ágora
Máis información
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 01/01/2014 ao 31/12/2020
Datas: do 1 ao 31 de xullo en dúas quendas:
Grupos: 2
Horario: de luns a venres en horario de mañá. De luns a venres das 09.00 ás 14.00 h pero por motivos de conciliación as persoas participantes poderán acceder ás instalacións a partir das 08.15 h e permanecer ata as 14.45 h
Prezo: gratuíto
Prazas: 80
Sede: Centro Municipal de Emprego Os Rosales (Carretera dos Fortes ao monte de San Pedro, 16)
Outra información de interese: as persoas asistentes ás actividades recibirán cada día unha merenda infantil saudable. Os irmáns ou irmás deberanse anotar de forma correlativa. Se non é así, non se garante que estean xuntos/as. No caso de que haxa duplicidade nalgunha solicitude por realizala dúas persoas distintas para un/unha mesmo/a menor terase en conta a realizada en último lugar. A inscrición para as persoas participantes que obtivesen praza realizarase exclusivamente a través da páxina web de municipal coruna.gal/campamentos2024
Máis información
Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 1/01/2011 ao 31/12/2018
Datas: do 1 de xullo ao 30 de agosto
Horario: de luns a venres en horario das 09.00 ás 14.00 h (08.30 a 14.30 h ampliado)
Prezo: 48,18 euros
Prazas: 480 prazas en total, 120 por quenda. Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional.
Pago: presencial nas oficinas do Palacio de Deportes de Riazor
Sede: Cidade Deportiva de Riazor
Outra información de interese: actividades deportivas, deportes náuticos ou natureza e outras actvidades dinamizadoras: roupa deportiva e bañador.
Máis información
Inicio
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible