7 de octubre de 2024
O concelleiro Francisco Díaz Gallego interveu no acto celebrado na Sala de Exposicións de María Pita
O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, presidiu esta tarde a apertura da mostra 'As torres coruñesas. Exposición de traballos de Historia da Arquitectura' na Sala de Exposicións Municipais de María Pita. O edil estivo acompañado por Antonio Río Vázquez, comisario da mostra.
"O Goberno de Inés Rey é consciente da importantísima historia urbanística e arquitectónica da cidade e por iso busca achegala á cidadanía con iniciativas como esta Semana da Arquitectura", sinalou Francisco Díaz Gallego durante a súa intervención. A mostra recolle os traballos do alumnado de Historia da Arquitectura da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) sobre as diferentes torres e edificios singulares que se construíron na cidade ao longo dos anos.
Esta edición da Semana da Arquitectura está dedicada á arquitectura vertical da cidade e inclúe diferentes visitas a edificios históricos como a Torre de Hércules ou a Torre de Control Marítimo. Díaz Gallego celebrou que todas as visitas, para as que era necesario reservar praza, están completas, o que amosa o grande interese que hai entre a cidadanía pola arquitectura coruñesa. Nesta Sala de Exposicións de María Pita levaranse a cabo dúas conferencias, o mércores e o xoves, dentro da programación. Todos os actos son gratuítos ata completar capacidade.
A Semana da Arquitectura está organizada polo Concello coa colaboración da ETSAC, a UDC e o COAG. Ademais, nesta edición colabora a Deputación da Coruña e o Banco Santander. A entrada á exposición de María Pita é libre e estará aberta durante este mes de outubro.
Programación da Semana da Arquitectura 2024
Martes 8
Mércores 9
Xoves 10
Venres 11
Sábado 12
Domingo 13
16 de octubre de 2024
10 de octubre de 2024
7 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible