5 de noviembre de 2023
O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, asistiu ao concerto inaugural e remarcou o apoio do Goberno de Inés Rey a "unha agrupación que forma parte, por méritos propios, da cultura coruñesa"
A Banda Municipal de Música da Coruña comezou este domingo a súa tempada 2023/2024, na que participarán numerosas figuras solistas, directores e compositores do ámbito local, nacional e internacional. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, asistiu ao concerto inaugural e remarcou o apoio do Goberno de Inés Rey a "unha agrupación que forma parte, por méritos propios, da cultura coruñesa".
A cantante e compositora Sandra Calderón protagonizou a actuación da BMMC xunto co clarinete solista Xocas Meijide. A obra máis importante do programa foi 'El amor brujo', unha obra fundamental do século XX que interpretou Calderón. Ademais, a BMMC estreou unha obra composta polo vigués David Cuevas que contou coa actuación solista do clarinetista baixo da Banda, Xocas Meijide. O programa completouse con dúas obras máis: 'Obertura para una gran ciudad' e 'Cantares de Galicia'.
Ao longo do ano participarán distintos artistas de renome, apostando por talentos coruñeses e tamén do panorama musical nacional e internacional, tanto do ámbito da música clásica como doutros estilos. Un dos obxectivos do Goberno de Inés Rey coa confección desta programación será a captación de novos públicos ao tempo que afianza a calidade artística da Banda Municipal.
A programación 2023/2024
Ciclo de Outono
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible