21 de marzo de 2023
Este concerto abre un calendario de máis de dez actuacións da Banda ata finais de maio, en localizacións como a Igrexa de San Xurxo, o Conservatorio Profesional e os centros cívicos municipais
‘Música e natureza’ terá lugar este xoves 23 (20.00 horas), nunha sesión que será de acceso libre ata completar a capacidade do recinto
A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) abre este xoves 23, no Teatro Colón a súa programación de concertos de cara á tempada de primavera, con máis de dez actuacións previstas ata finais de maio en diversas localizacións da cidade, como é o caso da Igrexa de San Xurxo, o Conservatorio Profesional, a rede de centros cívicos municipais e o propio Teatro Colón.
Tal e como apuntou a alcaldesa, Inés Rey, na presentación do calendario da BMMC para este primeiro semestre de ano, "o obxectivo do Goberno municipal é achegar a filosofía, historia e tradición da Banda Municipal a toda a cidadanía, achegándoa tamén ás novas xeracións e facéndoa máis visible nos barrios".
A agrupación inicia esta tempada de primavera no Teatro Colón co pontevedrés Juan Lois Diéguez (Agolada, 1980), formado nos conservatorios de Lalín, Santiago de Compostela e Vigo. Diéguez, como director convidado, levará a batuta no concerto desta semana, 'Música e natureza'. Diéguez é un vello coñecido da BMMC, á que xa dirixiu en tempadas previas, e nesta ocasión acompañará ás e aos profesionais da Banda nun espectáculo de carácter temático sobre a chegada da estación primaveral.
Como xa é habitual, a sesión deste xoves 23 no Teatro Colón (20.00 horas) será de acceso libre ata completar a capacidade do recinto. Retransmitirase tamén en directo a través da canle oficial da BMMC en YouTube.
A vindeira cita coa BMMC, na previa da Semana Santa
A Banda Municipal de Música, acompañada pola Coral Polifónica El Eco, abrirá camiño á celebración da Semana Santa na cidade cun concerto previsto o sábado 1 de abril, ás 20.00 horas, na Igrexa de San Xurxo. O director titular da BMMC, Juan Miguel Romero Llopis, estará novamente á fronte da agrupación.
17 de septiembre de 2024
10 de septiembre de 2024
29 de agosto de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible