13 de diciembre de 2024
No concerto, que terá lugar no Teatro Colón e será de acceso libre ata completar a capacidade prevista, levarase a cabo un percorrido pola vida e obra de Puccini, que rematará coa ópera que nunca puido concluír, Turandot
A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) ultima xa os preparativos do seu novo concerto no Teatro Colón, que terá lugar este domingo 15 (12.15 horas) e no que se lle renderá homenaxe a unha figura mítica da música universal, o compositor italiano Giacomo Puccini, co gallo do centenario do seu pasamento.
A actuación desta fin de semana, que dá continuidade ao ciclo de outono da Banda, reforza a programación cultural impulsada polo Goberno de Inés Rey de cara a estas datas festivas. Neste sentido, o concerto da Banda será de acceso libre ata completar a capacidade prevista no Teatro Colón, unha liña estratéxica coa que o Goberno de Inés Rey está a traballar en visibilizar e achegarlle á cidadanía a tradición e versatilidade da Banda, que mestura múltiples rexistros e xéneros.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, puxo en valor a aposta desta fin de semana, con Puccini como protagonista, "por ser un dos grandes dominadores da escena operística de todos os tempos". O concerto do domingo, que estará dividido en dous actos, permitiralle ás e aos asistentes vivir un percorrido pola vida de Puccini, con punto de partida no seu Preludio Sinfonico e punto final na última ópera do compositor, Turandot, que nunca puido concluír.
O director titular da BMMC, Juan Miguel Romero Llopis, apuntou precisamente ao especial desta última peza, "xa que tras a súa morte en Bruxelas, no ano 1924, foi un discípulo seu, o napolitano Franco Alfano, o que a rematou". Llopis prevé que o concerto deste domingo sexa "apaixoante", "porque, en termos musicais, Puccini levaba as súas personaxes ao extremo da súa sensibilidade, e iso será o que perciba o público".
Durante a actuación tamén haberá tempo para gozar coa partipación dun solista ao cello. Será Ilia Keillin, profesional da Banda Municipal que cobrará protagonismo no primeiro acto.
O concerto de Nadal da Banda, ás portas de comezar
O concelleiro Gonzalo Castro, que convidou a cidadanía a asistir ao concerto do domingo, destacou a boa recepción que está a ter a programación da Banda entre a cidadanía, e puxo como exemplo a última actuación no Colón baixo a batuta da directora valenciana Beatriz Fernández Aucejo, "que foi un éxito rotundo".
Coa actuación prevista este domingo no Teatro Colón, a BMMC quenta motores de cara ao seu concerto especial de Nadal, "que chegará cargado de sorpresas", tal e como avanzou Juan Miguel Romero Llopis.
21 de diciembre de 2024
19 de diciembre de 2024
18 de diciembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible