Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de octubre de 2024

A Banda Municipal volve este domingo 27 ao Teatro Colón con ‘Cantos galegos’, unha homenaxe ás tradicións e paisaxes da nosa terra

Será o segundo concerto da BMMC neste ciclo de outono, que continuará ata finais de ano, con outras seis actuacións previstas entre os meses de outubro, novembro e decembro

A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) dá continuidade esta fin de semana á súa programación do ciclo de outono, que volve ao Teatro Colón con 'Cantos galegos', un concerto temático que levará ao público a unha viaxe musical polas tradicións e paisaxes da nosa terra.

O director David Fiuza será o encargado de levar a batuta. Nado en Vila de Cruces (Pontevedra), Fiuza formouse en clarinete no Conservatorio Superior de Vigo e, xa posteriormente, ampliou os seus estudos en Maastricht (Países Baixos). No seu percorrido profesional dirixiu, como convidado, á Orquestra Simfónica da Compañía Portuguesa da Ópera. Tamén como titular, na Mallorca Saxophone Ensemble. A actuación, que terá lugar este domingo 27 ás 12.15 horas, tamén terá protagonismo Adrián Silva Magdalena, que acompañará a Banda como solista ao frautín. 

A primeira parte do concerto incluirá pezas de compositores galegos, que tamén asistirán co concerto. Serán o pontevedrés José Bugallo Senra; Manuel Otero Payno, de Loimil (A Estrada); e o compostelán Fernando Buide. A segunda parte da actuación orbitará en torno á suite sobre cantos galegos do ilerdense Enric Granados.

"Unha vez máis, a Banda amosa a súa implicación co patrimonio musical da nosa terra, acompañando a figuras consagradas e tamén aos novos talentos da escea artística galega", destacou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, que convidou a cidadanía a asistir á actuación deste domingo, que será aberta ao público ata completar a capacidade prevista.

Conta atrás para o concerto polo 175º aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes

O ciclo de outono da BMMC, que arrancou motores a mediados deste mes, estenderase ata as datas de Nadal, cando a Banda ofrecerá o seu clásico concerto festivo no Teatro Colón.

Neste sentido, o calendario da agrupación inclúe o concerto polo 175º aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes, no que a Banda Municipal deixará o seu selo nos 'Concertos do centenario' cunha actuación que contará coas e cos integrantes do coro Cántigas da Terra, como convidados especiais. Será o 8 de novembro (20.00 horas) no Teatro Colón, con Juan Miguel Romero Llopis novamente á fronte da Banda, como director.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión