Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de agosto de 2024

A Batalla Naval iluminará o ceo da Coruña con máis de 750 quilos de material pirotécnico

Terá lugar no Paseo Marítimo este venres, a partir das 23.30 horas

Este venres, 16 de agosto, A Coruña acollerá unha nova edición da Batalla Naval na enseada do Orzán. O espectáculo contará cunha tirada de 756 quilos de fogos pirotécnicos, tanto de fabricación propia como de importación. O espectáculo está deseñado por Pirotecnia Xaraiva.

Como é habitual, dispoñeranse dúas zonas de disparo dos fogos. A principal estará situada na coiraza das Escravas, e a segunda zona de disparo será a Finca dos Mariño. A montaxe comezou este xoves ás 09.00 horas. O espectáculo contará coas últimas novidades en material pirotécnico. A Batalla Naval contará cunha gran cantidade de efectos dixitais. As fachadas serán amplas e a varias alturas, coa construción de composicións aéreas con movementos coreográficos de cor e efectos variados, acompañados todos os conxuntos de arrebatos.

Uniranse varios momentos culminantes cun remate multicolor de carcasas, abanos pirodixitais, que darán paso á gran descarga de ruído para poñer punto e final ao espectáculo. A Batalla Naval terá unha duración de 20 minutos, nos que se vivirá unha cromática de cores de grande intensidade.

Alteracións no tráfico

Con motivo da celebración da Batalla Naval, este venres levarase a cabo un corte total do tráfico no Paseo Marítimo, entre a glorieta das Escravas ata a avenida de Hércules en horario de 21.30 horas ata as 00.30 horas. A extensión poderá ampliarse, se for necesario pola afluencia do público, ata San Roque.

Para a mobilidade na zona, para a saída de Monte Alto recoméndase tomar como alternativa a rúa Beiramar cara a Mariña-Parrote; e para a entrada a Monte Alto pola avenida do Porto. No caso da praza de España, recoméndase a saída cara o túnel da avenida do Porto ou pola rúa de San Andrés.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión