Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de julio de 2024

A Comisión Coruña Marítima decide convocar un concurso internacional para elaborar o deseño global que definirá a transformación dos espazos portuarios

O órgano que dirixirá o futuro deseño dos peiraos urbanos celebrou hoxe a súa primeira reunión, nun clima de diálogo e entendemento

A Comisión Coruña Marítima celebrou esta mañá a súa primeira reunión, presidida pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na sede da Autoridade Portuaria, coa asistencia dos representantes das seis administracións involucradas no proxecto e dos grupos políticos municipais.

No encontro aprobáronse as liñas de traballo para os próximos meses, cun calendario das próximas reunións da Comisión e do Comité Técnico que lle dará soporte.

Así, acordouse convocar un concurso internacional multidisciplinar, para definir o deseño global que rexerá a transformación dos espazos portuarios. Este deseño abarcará todo o ámbito do porto coruñés e terá en conta os requirimentos e necesidades que expoña cada Administración, así como as achegas que se desprendan do Foro Coruña Marítima, que celebrará a súa primeira reunión a principios de 2025 e contará coa participación de colectivos e axentes sociais relevantes da cidade.

Prevese contar cos pregos técnicos deste concurso internacional nos próximos meses, para poder levar a cabo a licitación. 

A Comisión Coruña Marítima manterá a súa segunda reunión no mes de outubro. Incorporaranse á Comisión, con voz pero sen voto, o director da Autoridade Portuaria, Juan Diego Pérez Freire, e a directora técnica do Plan Estratéxico da Coruña 2030-2050, Isabel Pardo de Vera. Con anterioridade, en setembro, celebrará o seu primeiro encontro o Comité Técnico, que se reunirá mensualmente.

A reunión da Comisión Coruña Marítima celebrouse hoxe nun clima de diálogo e entendemento entre todos os representantes das administracións e os grupos políticos.

Inés Rey: "Este proxecto será un modelo de xestión e cooperación"

A alcaldesa e presidenta da Comisión Coruña Marítima valorou ao finalizar a reunión o bo clima e o entendemento entre as distintas administracións. "A nosa vontade de avanzar no deseño da fachada marítima con pasos firmes queda de manifesto en que hoxe tamén aprobamos as liñas básicas da folla de ruta dos traballos para desenvolver nos próximos meses acordando tamén unha planificación gradual de curto, medio e longo prazo", apuntou. Este acordo acádase tras a sinatura o pasado 22 de maio en María Pita dun protocolo de colaboración no que estiveron presentes todas as administracións implicadas: Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, ADIF, Puertos del Estado e Autoridade Portuaria.

"Estamos ante unha oportunidade histórica para a cidade que non desaproveitaremos, xa que por primeira vez en vinte anos se dan as condicións para que poidamos avanzar con pasos firmes e rigorosos desde a colaboración institucional e coa participación de toda a cidade", apuntou Inés Rey. "Estamos determinados a situar a cidade á vangarda mediante o desenvolvemento dun proxecto que será un modelo de xestión e de cooperación interadministrativa", engadiu.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión