12 de diciembre de 2024
A colaboración entre o Concello e a Universidade coruñesa fai posible a posta en marcha de proxectos de investigación punteiros ao redor dos usos da auga
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou hoxe na apertura da xornada de presentación de resultados dos proxectos de investigación que desenvolvéronse no marco da cátedra EMALCSA-UDC no período 2021-2024. No acto participaron tamén o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, o director de Augas de Galicia, Roi Fernández Añón, o director xeral de EMALCSA, Jaime Castiñeira e o profesor Sergio Rodríguez, director da cátedra.
Neira subliñou a estreita e frutífera colaboración entre o Goberno de Inés Rey e a UDC en múltiples iniciativas, entre as que destaca esta cátedra de investigación. "O Concello e a Universidade foron e irán sempre da man en proxectos de investigación porque esa ampliación de coñecementos e a posibilidade de solucións innovadoras que se abren teñen como fin último a mellora da calidade de vida e o benestar dos cidadáns", dixo Neira.
A cátedra EMALCSA-UDC creouse en 2017 como culminación dunha longa colaboración entre ambas as entidades co obxectivo de innovar e mellorar os procesos non só de xestión da auga que utiliza a cidadanía da Coruña, senón tamén outros aspectos como a protección do medio ambiente e a responsabilidade social.
Este ano finaliza o segundo convenio da Cátedra para o que o consello de Administración de Emalcsa incrementou substancialmente a dotación para proxectos de I+D+i, pasando do 50.000 €/ano do primeiro convenio ao 170.000 €/ano do segundo.
Os proxectos que expuxeron hoxe os seus resultados refírense a tres liñas de investigación: Plan AdO (Auga desde a orixe); Plan ECAD (Excelencia na Calidade da auga Distribuída) e Aqualab, centrada no desenvolvemento tecnolóxico.
21 de diciembre de 2024
17 de diciembre de 2024
26 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible