7 de febreiro de 2024
Terá lugar na piscina municipal de Riazor a partir das 10.00 horas
A Coruña será a sede este sábado 10 de febreiro do Campionato Galego de Waterpolo alevín de inverno. O torneo terá lugar na piscina municipal de Riazor, entre as 10.00 e as 20.00 horas. O Goberno de Inés Rey aposta, deste xeito, por acoller na cidade torneos autonómicos de diferentes disciplinas, que congregan na Coruña a numerosos equipos e xeran un retorno económico inmediato.
O campionato confórmano oito equipos galegos: CWC Rías altas, CW Pontevedra A, CW Pontevedra B, CW Santiago A, CW Santiago B, CW As Mariñas, RCN Vigo e CW Ferrol. Xogarán en formato de copa con finais polo primeiro ao último posto. Desta maneira, todos os equipos disputarán un total de tres encontros.
A piscina municipal de Riazor acollerá nesta xornada a un total de 80 nenos e nenas de entre 8 e 10 anos. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, supervisará o desenvolvemento da proba e será o encargado de entregar os trofeos e medallas aos equipos gañadores.
2 de xuño de 2024
15 de maio de 2024
12 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible