Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de noviembre de 2024

A Coruña acolle mañá a conferencia anual da Sail Training International, que sitúa a cidade como referente mundial do sector náutico

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe no Aquarium Finisterrae á xunta directiva da STI e aos representantes institucionais das cidades que participarán na vindeira edición da Tall Ships Races

A Coruña estreita os seus lazos coa Sail Training International (STI). A principal impulsora da regata internacional de grandes veleiros Tall Ships Races desenvolverá mañá na cidade a súa conferencia anual, que terá lugar no recinto feiral de ExpoCoruña a partir das 09.00 horas.

Hoxe, e como previa da xornada, Inés Rey recibiu no Aquarium Finisterrae á xunta directiva da STI e tamén aos representantes institucionais das cidades que participarán na vindeira edición da Tall Ships Races: Le Havre e Dunkerque (Francia), Aberdeen (Escocia), Kristiansand (Noruega) e Esbjerg (Dinamarca).

Máis de 200 persoas tomaron parte no acto, ao que asistiron diversos membros da Corporación municipal, profesionais do sector turístico e participantes na conferencia. Na súa intervención, a alcaldesa lembrou que A Coruña "é a cidade máis visitada pola Tall Ships Races na súa historia", ata en dez ocasións. A última, no verán de 2023, con máis de 100.000 visitantes.

Neste sentido, Rey, acompañada hoxe pola directora comercial da STI, Vanessa Mori, polos concelleiros Gonzalo Castro e Manuel Vázquez, así como por representantes da asociación Juan de Lángara, fixo fincapé na importancia de apoiar e potenciar as industrias marítima e náutica da Coruña, "fundamentais en termos económicos e sociais, tamén piares clave na transformación urbana e modernización dos nosos espazos públicos".

A este respecto, a alcaldesa apuntou que o obxectivo de recuperar a fachada marítima, abrindo os peiraos á cidadanía a través dun proceso progresivo, permitirá devolverlle á Coruña parte da súa paisaxe urbana. "E isto, a futuro, tamén será un motor de desenvolvemento que, ademais de abrir máis oportunidades de colaboración coa STI, favorecerá a confluencia de culturas a escala global", explicou.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión