Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de septiembre de 2024

A Coruña acolle o arranque do I Congreso Internacional de Maiores LGTBI+

O encontro, organizado pola Fundación 26 de Decembro coa colaboración dos Ministerios de Dereitos Sociais e Igualdade, continuará en Sitges e Madrid

A cidade acolle este sábado a xornada de arranque do I Congreso Internacional de maiores LGTBI+, un encontro destinado a reunir a investigadores, académicos, profesionais da intervención, artistas, activistas e membros da comunidade para debater e intercambiar experiencias sobre o benestar e a calidade de vida das persoas maiores LGTBI+. Este I Congreso ten outras dúas sedes, Sitges e Madrid, que acollerán tres xornadas máis nas próximas semanas. 

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, que participou na apertura do Congreso no paraninfo da UDC, subliñou que coa celebración deste primeiro encontro internacional, a cidade "asume a súa dobre posición de referencia tanto sobre a defensa dos dereitos das persoas LGTBI+ no noroeste da Península como nas políticas municipais para mellorar a calidade de vida das persoas maiores". A concelleira lembrou que o Goberno de Inés Rey leva a cabo numerosas accións de apoio e traballa a diario cos diferentes colectivos LGTBI+ da cidade.

Nesta primeira xornada do Congreso presentouse unha instalación do artista Sergio Marey e a conferencia plenaria a cargo da escritora e activista Daniela Fernández centrouse nas disidencias de xénero na Galicia contemporánea. Ademais houbo unha exposición de testemuños e experiencias de maiores LGTBI+ e unha mesa redonda sobre o proxecto "Academia de Geras", co que a Fundación 26 de Decembro busca formar a persoas maiores de 50 anos LGTBIQ+ para mellorar o seu coñecemento sobre o proceso de envellecemento.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión