Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de septiembre de 2024

A Coruña acollerá o Campionato de España de Surf Open 2024 do 18 ao 20 de outubro

O Concello e a Federación Galega e Española de Surf organizan este torneo que se celebrará na praia do Matadoiro, onde haberá tamén diferentes propostas de ocio e gastronomía

O Concello da Coruña e a Federación Galega e Española de Surf organizan o Campionato de España de Surf Open 2024, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de outubro, se as condicións son as apropiadas, na praia do Matadoiro. O Goberno de Inés Rey aposta pola celebración na cidade de grandes eventos deportivos, como é o caso deste campionato, que baixo o nome de 'A Coruña King and Queen of the Bay' reunirá aos e ás mellores surfistas do país.

Durante tres días de competición os e as participantes loitarán polo título de campión e campioa de España 2024. Ademais, o ou a deportista que durante a fin de semana surfee a mellor onda levará un distinguido premio co nome de Tito Fariña, en homenaxe ao pioneiro surfista coruñés falecido hai catro anos.

Ademais, o evento contará con diferentes propostas de ocio e gastronomía para complementar a actividade deportiva. Haberá concertos, zona gastronómica e comercial e diferentes actividades que se irán desvelando nas vindeiras semanas.

O evento dividirase en tres zonas: a fonte dos surfistas, onde estará a parte deportiva do evento; o paseo marítimo, entre a fonte dos surfistas e a Finca dos Mariño, onde se situarán as diferentes propostas gastronómicas e comerciais; e a propia Finca dos Mariño, onde se celebrarán as actuacións musicais.

Entre as actividades paralelas previstas haberá charlas sobre a historia do surf en Galicia e sobre o surf adaptado, recollida de lixo nas praias, clases de skate e bautismo de surf para persoas con diversidade funcional e outros obradoiros. Por outra banda, os concertos serán as noites do 18 e 19 de outubro, e un dos días haberá unha sesión nocturna de surf.

Está prevista a participación dun cento de deportistas de primeiro nivel nacional, sendo as delegacións máis numerosas as de Galicia, Canarias, País Vasco e Cantabria. A asistencia a todas as actividades e eventos será gratuíta. A competición deportiva está financiada polo Plan de Sostibilidade Turística A Coruña Sostible e Dixital, cuxas actuacións son financiadas a partes iguais pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión