Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de setembro de 2024

A Coruña acollerá o vindeiro 1 de outubro o II Encontro de Alcaldesas baixo o lema 'Tomando decisións para cambiar o mundo'

Inés Rey reunirá a unha trintena de alcaldesas de toda España nunha nova edición da xornada, posta en marcha no pasado mandato co obxectivo de fomentar o liderado das mulleres en política

A Coruña acollerá o vindeiro martes 1 de outubro o II Encontro de Alcaldesas con preto dunha trintena de rexedoras de toda España e Galicia. Nesta nova edición, as políticas reuniranse baixo o lema 'Tomando decisións para cambiar o mundo', dando continuidade ao encontro posto en marcha no pasado mandato co obxectivo de fomentar o liderado das mulleres en política e reflexionar sobre o papel das mulleres no poder municipal.

O encontro, aberto á cidadanía, terá lugar a partir das 16.15 horas da tarde no Palacio de Congresos e Exposicións de PALEXCO, cunha apertura institucional a cargo da alcaldesa, Inés Rey, coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda do Goberno de España, María Jesús Montero.

Arredor das 17.15 horas comezarán as relatorías conducidas pola xornalista Marta Fernández e contará con dúas mesas redondas. Unha primeira baixo o título "Mujeres en el poder local: nuevas políticas en las agendas del cambio" moderada pola abogada e escritora Cruz Sánchez de Lara e na que participarán Carolina Darias, alcaldesa de Las Palmas de Gran Canaria; Miriam Andrés, alcaldesa de Palencia; Amaia del Campo, alcaldesa de Barakaldo; Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela; e Candelaria Testa, alcaldesa de Alcorcón.

A xornada continuará co debate "La ciudad de las mujeres: trabajando desde el espacio urbano para la innovación local" moderada pola xornalista Anabel Díez. Na mesma intervirán como relatoras Aida Castillejo, alcaldesa de Rivas-Vaciamadrid; Sandra Guaita, alcaldesa de Reus; Paula Alvarellos, alcaldesa de Lugo; e Patricia Cavada, alcaldesa de San Fernando.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión