13 de setembro de 2024
As actividades abriranse o luns 16 de setembro ás 13.00 horas no Obelisco coa exposición ‘‘Espazos públicos: antes e agora na Coruña’
Baixo o lema ‘Combina e móvete’, o Concello porá en valor o espazo público compartido, temática escollida pola Comisión Europea para esta edición
A Coruña celebrará a partir do próximo luns, 16 de setembro, a Semana Europea da Mobilidade 2024 cunha vintena de actividades orientadas á posta en valor do espazo público e a mobilidade sostible. "Trátase dunha cita xa imprescindible no noso calendario coa que buscamos seguir avanzando no cambio do modelo de cidade posto en marcha pola nosa alcaldesa no 2019 cara a unha cidade máis humana" sinalou Noemí Díaz, concelleira de Infraestruturas e Mobilidade.
A celebración da SEM2024, coordinada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ten como temática para este ano o espazo público compartido de acordo coa proposta da Comisión Europea. Nese sentido, o Concello da Coruña abrirá no Obelisco unha exposición fotográfica baixo o título 'Espazos públicos: antes e agora na Coruña' sobre a transformación urbana da cidade, abrindo ás 13.00 horas a SEM2024. "Este Goberno actuou en máis de 30 prazas para reconfigurar e mellorar o espazo público con exemplos tan visibles como a rúa Compostela ou Ramón Cabanillas que deron un novo pulo ao comercio e vida da zona" explicou Díaz.
Nesta edición, o lema escollido é 'Combina e móvete' en referencia ás diferentes posibilidades de mobilidade que ten a cidade. Ademais, como é habitual, participarán asociacións vinculadas á temática como Stop Accidentes, Mobi-liza e Galicia Rollers xunto con técnicos municipais e servizos como a Policía Local.
SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE. Combina e móvete!
16-22 de setembro
Durante toda a semana, agás o domingo 22, o Obelisco acollerá os seis postos temáticos en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Ademais estarán presentes tamén dúas exposicións organizadas polo Concello: 'Espazos públicos: antes e agora na Coruña' e 'Calidade do aire'.
Estas dúas combinaranse coas do Centro Integral da Mobilidade (CiMOB) da Coruña e a Policía Local, ademais da organizada por Stop Accidentes sobre autobuses e tranvías no Fórum Metropolitano. Ademais, todos os días dende as 17.00 horas, Afundación terá cita no marco de 'Pedalear e conversar' e ata as 19.00 horas, o CiMOB, localizado na Estación de Autobuses, contará coas súas portas abertas para que os veciños da Coruña poidan visitar as instalacións e coñecer de preto o seu traballo.
LUNS 16.
11.00-12.30 Campaña `Móvete seguro´ con Stop Accidentes | Praza de Mina
13.00 h. Apertura Exposición 'Espazos públicos: antes e agora na Coruña' | Obelisco
A partir das 17.00 h. Rutas didácticas con Mobi-liza e usuarios de Bici Coruña | Obelisco
18.00 h. Contacontos infantil e obradoiro de ilustración | Obelisco
MARTES 17.
9.30-13.30 horas. `Darlle vida á rúa´ con Stop Accidentes | Sagrada Familia
11.00 h. Actividade didáctica coa Policía Local - Colexio Dominicos
A partir das 17.00 h. Obradoiros de ergonomía, normas de circulación e consellos | Obelisco
18.00 h. Contacontos infantil e obradoiro de ilustración | Obelisco
MÉRCORES 18.
08.45 a 09.15 h. Distribución de A.N.C.A.S minuto con Stop Accidentes | CEIP San Francisco
11.00 h. Actividade didáctica coa Policía Local - CEIP Concepción Arenal
13.30-14.00 h. Distribución de A.N.C.A.S minuto con Stop Accidentes | CEIP Prácticas
A partir das 17.00 h. Rutas didácticas con Mobi-liza e usuarios de Bici Coruña | Obelisco
A partir das 17.00 h. Obradoiros de ergonomía, normas de circulación e consellos | Obelisco
XOVES 19.
09.30-13.45 h. Xornada de debate sobre espazo público | Domus
09.50-13.00 h. Percorrido urbano en bici con Stop Accidentes | Colexio Sal Lence
11.00 h. Actividade didáctica coa Policía Local | CEIP Wenceslao Fernández Flórez e Sal Lence
A partir das 17.00 h. Obradoiros de ergonomía, normas de circulación e consellos | Obelisco
VENRES 20.
Toda a mañá. Paking Day- CEIP Concepción Arenal | Rúa Castro Chané
12.00 h. Actividade didáctica coa Policía Local | Residencia Padre Rubinos
A partir das 17.00 h. Rutas didácticas con Mobi-liza e usuarios de Bici Coruña | Obelisco
21.30 h. Saída de María Pita - Friday Mobility Night con Galicia Rollers
Domingo 22, Día sen coches na rúa Manuel Murguía
Como remate da Semana Europea da Mobilidade, o Concello volve organizar unha edición do día sen coches con diversas actividades lúdicas e deportivas co obxectivo de concienciar sobre a capacidade do espazo público de albergar actividades para a cidadanía.
Nos últimos anos o desenvolvemento da cita tiña lugar na rúa de San Andrés. Por mor das obras de humanización, este ano 2024 terá lugar na rúa Manuel Murguía.
21 de xaneiro de 2025
12 de xaneiro de 2025
10 de xaneiro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible