11 de diciembre de 2024
A alcaldesa destaca o nomeamento como “un fito histórico para Galicia” baseado nun proxecto que “transformará a cidade e a súa contorna”
A Coruña será unha das once sedes españolas do Mundial de Fútbol do ano 2030. Así o ratificou este mércores, 11 de decembro, a FIFA nun congreso que foi seguido en directo desde a Cidade do Fútbol de Las Rozas polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. No acto, organizado pola Real Federación Española de Fútbol, estiveron presentes representacións das nove cidades seleccionadas do territorio nacional, así como diferentes estamentos do mundo do fútbol e das administracións públicas.
A FIFA confirmou que a candidatura coruñesa, impulsada polo Goberno de Inés Rey, cumple cos estándares fixados polo organismo internacional para a celebración do maior evento deportivo a nivel mundial xunto coas Olimpiadas. "O proxecto de Riazor para o Mundial 2030 vai máis alá de adaptar o estadio a unha cita de primeiro nivel, senón que é un proxecto que transformará a cidade enteira e a súa contorna, afianzando A Coruña como gran potencia do noroeste", indicou a alcaldesa.
Inés Rey destacou que estamos ante un "fito histórico para Galicia". "A Coruña será unha das cidades con proxección mundial grazas a este evento, que garante un gran retorno para a comunidade e a cidadanía en xeral", apuntou. O traballo conxunto e coordinado de todas as partes implicadas neste proxecto suporá, tal e como dixo a alcaldesa, "un éxito histórico para a nosa comunidade".
O proxecto contará coa Coruña como sede para os partidos do Mundial, catro concellos máis (Ferrol, Betanzos, Ordes e Cerceda) como centros base de adestramento, os tres aeródromos galegos como aeroportos oficiais da sede e co conxunto das prazas hoteleiras radicados en Galicia como aloxamentos oficiais.
En palabras do concelleiro de Cultura e Turismo "a nosa alcaldesa, Inés Rey, fixo unha aposta decidida por este proxecto, que é de toda Galicia, situándonos no primeiro plano mundial".
"Un Mundial, a día de hoxe, é moito máis que un evento deportivo. A Coruña e Galicia, no seu conxunto, vivirán a partir de que finalice o Mundial de 2026 gran cantidade de eventos e actividades relacionadas coa promoción do Mundial 2030, situando á nosa comunidade no foco planetario", dixo Castro.
O proxecto de transformación do estadio de Riazor nun recinto multiusos vai na liña seguida na actualidade polos grandes recintos deportivos a nivel europeo e mundial. Un dos grandes legados deste Mundial 2030 para a cidade será o de ter un estadio municipal que cumplirá cos requisitos que se esixe para albergar competicións como a Champions League xunto con eventos culturais e corporativos, que farán da Coruña a referencia do norte de España.
22 de noviembre de 2024
21 de noviembre de 2024
25 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible