Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de decembro de 2024

A Coruña ilumínase con 3,6 millóns de luces de Nadal

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a cerimonia de acendido en María Pita, na que dous nenos foron os encargados de premer o botón

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este xoves a cerimonia de acendido das luces de Nadal na Coruña, que se celebrou este ano na praza de María Pita. O acto estivo precedido polo tradicional concurso de debuxos, no que dous dos participantes foron os encargados de premer o botón que iluminou a cidade.

Este Nadal hai na cidade 3,6 millóns de luces led de baixo consumo, case 300.000 máis que no 2023. Tamén aumentan os arcos ata os 555, os farois pasan de 198 a 383, as árbores pasan de 53 do ano pasado a 80 este ano e sumaranse case 40 rúas máis iluminadas. "Este ano buscamos que estas luces cheguen a máis barrios e rúas, atendendo as peticións dos nosos veciños e comerciantes", sinalou Inés Rey.

Ademais, as tres coroas da praza de María Pita ofrecerán tres espectáculos de luz e música todos os días durante este período de festas, con diferentes cancións propias desta época. Serán ás 18.30, ás 19.30 e ás 20.30 horas. Durante a cerimonia, e tras o acendido, puidéronse ver estas coreografías.

O acto comezou ás 17.00 horas co concurso de debuxos e ás 19.00 horas proseguiu coa actuación de Peter Punk, que animou ao público asistente nos prolegómenos do acendido. Unha vez finalizado o acto houbo unha actuación de Los Alcántaras, dunha hora e media de duración.

A programación de Nadal, día a día, xa está dispoñible na páxina web municipal e nas redes sociais do Concello.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión