12 de agosto de 2024
O Concello promocionará a cidade e as súas entidades culturais no evento de folclore máis importante do mundo
O Concello da Coruña está presente no Festival Intercéltico de Lorient, dentro da 'Place des Pays Celtes', cun posto no que se promociona a cidade e as súas entidades e eventos culturais, sobre todo aqueles relacionados coa música e o baile tradicionais galegos. O Goberno de Inés Rey, deste xeito, amosa unha vez máis o seu apoio ás entidades de arraigo da cidade, cuxo traballo ao longo do ano tamén estará presente neste espazo.
A alcaldesa xa anunciara a presenza da Coruña no Festival Intercéltico de Lorient durante a presentación do programa da Romaría de Santa Margarida, que se celebrará do xoves 29 de agosto ao domingo 1 de setembro, e que se promociona estes días en Lorient, onde tamén actúa un dos principais atractivos musicais da Romaría: Rodrigo Cuevas. A Coruña representa a Galicia no 'Interceltic Corner' como nación celta. O Festival Internacional de Lorient, que se celebra entre este luns 12 e o domingo 18, acolle cada ano a representantes de todas as nacións celtas, que amosan a súa tradición cultural a través de diferentes actos.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, asistirá esta semana a Lorient para representar á cidade no festival. "O Goberno de Inés Rey está a levar a cabo un gran esforzo para que Galicia e a súa tradición, moi vinculada á Coruña, teña presenza nesta celebración, considerada o evento de folclore máis importante do mundo", sinalou Castro.
O xoves 15 terá lugar o acto institucioanl de presentación da cidade ante todas as delegacións dos países celtas na 'Place des Pays Celtes'. Estará amenizada por unha actuación de gaiteiros e convidarase a asistir a todos os galenos e galegas presentes en Lorient. Esta será a primeira vez que A Coruña asiste ao Festival Intercéltico de Lorient, promocionando tanto a cidade como a súa música e tradición.
O edil, ademais, asistirá aos principais eventos e encontros deste festival. Castro tamén ten previsto asistir ás actuacións galegas programadas no festival, como a de Caldo, unha formación que tamén está presente na Romaría de Santa Margarida.
28 de mayo de 2025
28 de mayo de 2025
26 de mayo de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible