7 de julio de 2020
O mércores 1 de xullo ás 08.30 h chegaron as/os primeiras/os participantes ao Centro de Emprego dos Rosales onde se realiza este ano debido á situación excepcional xerada pola COVID-19. Esta nova localización permitiu adaptar mellor o funcionamento da Escola aos protocolos e medidas de seguridade marcados para realizar este tipo de actividades.
Durante todo o mes en horario de 08.30 a 14.00 h de luns a venres 60 pequenas/os de entre 4 e 10 anos participan de diversas actividades lúdico-didácticas como obradoiros, xincanas, sesións de xogos, visitas educativas e saídas... todas elas coa temática da "educación para o consumo responsable". As actividades variarán segundo a temática quincenal escollida de "Consumo e as novas tecnoloxías" para as 15 primeiras xornadas e o "Consumo e a alimentación saudable" para as 15 últimas.
Para máis información pódese consultar a web da OMIC www.coruna.es/omic ou ben chamar ao 981 189 820.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible