20 de mayo de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, participou este luns no acto de apertura da mostra na rúa Compostela
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou no acto de apertura da mostra fotográfica 'Os vieiros de Asorey', que rememora a figura do escultor Francisco Asorey a través de imaxes das súas obras máis representativas acompañadas dun texto biográfico. A rexedora estivo acompañada polo presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, e a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo Piñeiro.
A mostra está organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes e conta co apoio do Concello da Coruña. No acto tamén estiveron presentes os autores, o fotógrafo e académico Xurxo Lobato, autor das imaxes e comisario, e o académico Felipe-Senén López Gómez, autor dos textos.
A exposición realízase ao fío do Día das Artes Galegas, que neste 2024 se dedica a Francisco Asorey, considerado un dos grandes escultores españoles do século XX e un grande innovador do seu eido. A mostra está aberta á cidadanía na rúa Compostela, na contorna da praza de Lugo, ata o 20 de xuño.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible