Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de julio de 2024

Volverá ‘Oficios ao Sol’ oos luns e martes da feira, con obradoiros abertos a participación e gratuítos para todos os públicos

A Feira de Artesanía MOSTRART celebra a súa 40 edición nos Xardíns de Méndez Núñez

Dende o sábado 27 de xullo, os xardíns acollerán preto de 40 casetas e 70 profesionais da artesanía

A feira de artesanía MOSTRART, con base na Coruña dende 1985, abrirá a súa edición número 40 o vindeiro sábado 27 de xullo nos Cardíns de Méndez Núñez. Trátase dunha das citas estivais máis senlleiras da cidade, organizada pola Asociación Galega de Artesáns xunto co Concello da Coruña, seguindo a liña do Goberno de Inés Rey para o apoio ao arte e cultura tradicionais de Galicia.

Con motivo do 40 aniversario, a programación contará con actividades paralelas entre as que destaca a volta de 'Oficios ao Sol', con obradoiros abertos a participación e gratuítos para todo os públicos. Ademais, durante a primeira quincena de agosto, a feira contará con KUKUmobil, unha casa rodante onde a tecedora alemá Andrea Milde, que ensinará o seu proxecto téxtil co que a través dun gran tear de alto lizo amosará todas as súas vivenzas ao longo da viaxe europea que emprendeu en marzo deste ano.

A inauguración da feira terá lugar ás 12.00 horas do sábado 27 de xullo e poderá visitarse ata o 25 de agosto, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 horas. Nesta edición participarán un total de 69 artesáns profesionais, dos cales 55están inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e acollidos ao sistema da Marca de Artesanía de Galicia. Sumaranse 14 talleres artesáns de outras comunidades autónomas, xunto cun participante de Francia. Ademais, como é tradición, disporanse casetas para a venda de productos e que neste ano serán un total de 43. Pódese consultar o listado de expositores da feira en www.galegadeartesans.org/mostrart/ 

O cartel foi creado polo recoñecido ilustrador Javier Fernández Carrera 'Pintu'. Pretende resaltar o papel das mulleres artesás que xeración tras xeración transmitiron todo o seu oficio para que a Artesanía perdure.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión