Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de mayo de 2024

A nova Ordenanza de subvencións axilizará e simplificará os trámites administrativos para a concesión de axudas

A Ordenanza prevé que se poidan executar pagos a conta ou anticipados, superando o 90% do importe subvencionable xusto tras a concesión, para lles facilitar aos beneficiarios o desenvolvemento das súas actividades

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este mércores a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que aprobou a nova Ordenanza municipal de bases reguladoras xerais para a concesión de subvencións, un novo instrumento que lles dará unha maior seguridade xurídica ás entidades e persoas beneficiarias e tamén permitirá axilizar a concesión das axudas públicas que outorga o Concello.

Esta nova ordenanza regula a concesión das subvencións nominativas que estean incluídas no Orzamento Xeral do Concello. E, con carácter excepcional, subvencións que se outorguen por razóns de interese público, social, económico ou humanitario. Isto permitirá, por exemplo, acelerar os trámites de pago anticipado en situacións de emerxencia, como foi o caso cando a pandemia da Covid-19.

"Un dos obxectivos que buscamos coa posta en funcionamento da ordenanza é reducir os tempos cando sexa preciso axudarlles ás entidades en momentos de urxencia ou atendendo o interese xeral. E isto terá un impacto positivo moi claro na colaboración co terceiro sector, porque no día a día das asociacións hai aspectos que esixen celeridade e que non sempre poden estar sometidos aos prazos administrativos convencionais", explicou Inés Rey. Neste sentido, tamén é importante destacar que se poderán executar pagos a conta ou anticipados, superando o 90% do importe subvencionable xusto tras a concesión, para lles facilitar aos beneficiarios o desenvolvemento das súas actividades. Como é lóxico, os gastos deberanse xustificar con posterioridade.

Rendición de contas no primeiro semestre de cada ano

Neste sentido, no primeiro semestre de cada exercicio, a Xunta de Goberno Local dará conta dunha memoria das subvencións concedidas durante o ano anterior. "Isto servirá para facer balance e render contas, unha medida pioneira a nivel local e que redundará tamén nunha maior transparencia por parte da Administración", incidiu Inés Rey.

Outra das medidas destacadas que contempla a ordenanza é a simplificación e redución de cargas administrativas. Por exemplo, xa non será necesario esixir a presentación de documentos ou a achega de datos que xa estean en poder das administracións públicas. Isto tamén contribuirá a axilizarlles os trámites ás persoas ou entidades solicitantes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión