20 de noviembre de 2020
Nestes primeiros días de novembro están comezando a desenvolverse os obradoiros e actividades do Programa Municipal de Formación en Consumo que a Oficina de Información ás Persoas Consumidoras ofrece a todos os centros educativos da cidade herculina, dentro do Proxecto "Coruña Educa".
Para este curso 2020-21, solicitaron actividades 19 centros de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos... chegando o número de actividades que se levarán a cabo a máis de 280, chegando a traballar cun total de 5.719 alumnas e alumnos (444 de Educación Infantil, 1.443 de Educación Primaria, 2.579 de ESO, 867 de Bacharelato, 286 de Ciclos Formativos e 90 de Educación Especial.
As actividades máis solicitadas nesta edición son "Nutrición e Dieta Equilibrada", "Seguridade en Internet" e "Redes Sociais".
Todas as actividades coordínanse co persoal docente dos centros e son levadas a cabo e dinamizadas por educadoras/es especialistas en consumo aportados pola OMIC da Coruña.
E ademais das actividades para escolares tamén se está preparando un amplo programa de actividades para adultos, tanto para realizar en colectivos, entidades ou centros cívicos, que se levarán a cabo cando as condicións hixiénico-sanitarias derivadas da COVID así o permitan.
En definitiva, un amplo programa de formación en consumo que se ve completado coa escola de verán, con campañas específicas, publicacións de folletos e manuais...
Para máis información poden consultar a web da OMIC www.coruna.es/omic ou ben chamar ao 981 189 820.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible