Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de setembro de 2024

A praza de Pablo Iglesias, no Castrillón, acolle mañá unha nova edición do mercado ecolóxico, no que haberá un gran crebacabezas de xogos para os máis pequenos

O crebacabezas, ideado para concienciar as novas xeracións sobre os estilos de vida que deixan menos pegada ecolóxica, é unha proposta que nace da colaboración entre o Concello e a Universidade da Coruña

O barrio do Castrillón acolle este domingo 8 de setembro unha nova edición do mercado ecolóxico municipal, que volve á praza de Pablo Iglesias cun amplo abano de propostas de ocio para todos os públicos e tamén con máis de vinte postos de venda con produtos de proximidade, tanto de alimentación como de artesanía.

Desta forma, o Concello dá continuidade á rotación por barrios desta iniciativa, que xa tivo unha moi boa recepción en puntos como o Campo da Leña e a praza da Tolerancia, e que se está a expandir pouco a pouco cara a máis puntos da cidade.

No caso do mercado deste domingo, a programación da xornada arrancará ás 10.00 horas. Habilitarase un espazo de dinamización infantil que estará aberto ata ás 15.00 horas, e, entre medias, tamén haberá actividades específicas para os máis pequenos. Por exemplo, un obradoiro de infantil no que as nenas e nenos poderán aprender a facer xeados de papel, en cores, usando materiais reciclados. A participación no taller é de balde, con inscrición previa no propio mercado.

Ademais, xa a partir das 12.00 horas, no mercado disporase un gran crebacabezas de xogos ideado para achegar a rapazada a estilos de vida sostibles, "unha proposta coa que se tenta concienciar as novas xeracións para reducir a pegada ecolóxica e, de paso, aprender xogando", explica a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.

Para xogar no crebacabezas sostible, unha iniciativa froito da colaboración entre o Concello e a Universidade da Coruña, tamén será preciso inscribirse previamente no mercado ecolóxico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión