26 de setembro de 2023
Este martes, ás 19.30 horas, o Salón de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita acollerá o acto de apertura da mostra ‘Antonio Tenreiro Brochón. Obra arquitectónica e pictórica reunidas’
A programación de actividades inclúe percorridos guiados por espazos públicos xa remodelados polo Goberno de Inés Rey, como o mercado municipal de Durmideiras, rehabilitado no pasado mandato
O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, presentou esta mañá a programación das actividades previstas pola Semana da Arquitectura 2023, que conmemorará os 50 anos de existencia da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) situada no campus universitario da Zapateira.
A iniciativa, promovida de forma conxunta entre o Concello, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Universidade da Coruña (UDC), terá lugar entre os días 29 de setembro e 8 de outubro. Nesta edición, o abano de propostas inclúe diversas mostras gráficas, así como xornadas e percorridos guiados de carácter divulgativo.
Ademais, e co obxectivo de achegar a cidadanía a iniciativas de remodelación xa executadas polo Goberno de Inés Rey, organizaranse visitas guiadas en espazos, instalacións e inmobles destinados a usos públicos. É o caso do mercado municipal de Durmideiras, xa aberto desde o anterior mandato tras a súa rehabilitación integral.
"A Semana da Arquitectura 2023 pon o foco especialmente na ETSAC pola efeméride histórica que supón a conmemoración do seu medio século de vida, cumprindo unha aspiración da cidade que se remontaba á década dos sesenta", subliñou Francisco Díaz Gallego, que convidou as veciñas e veciños da Coruña a asistir ás múltiples actividades que terán lugar na propia sede da ETSAC, a delegación do COAG na Coruña, a Fundación Luís Seoane e a sala municipal de exposicións de Durán Loriga, entre máis localizacións.
No acto de presentación da Semana da Arquitectura 2023, celebrado esta mañá no Palacio Municipal de María Pita, Díaz Gallego estivo acompañado pola presidenta e o secretario da delegación do COAG na Coruña, Ruth Varela e Emilio Rodríguez, así como polo director e o subdirector de Infraestruturas na ETSAC, Plácido Lizancos e Carlos Quintáns.
Apertura da mostra sobre a obra arquitectónica de Antonio Tenreiro
Tamén este martes, ás 19.30 horas, o Salón de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita acollerá o acto de apertura da mostra 'Antonio Tenreiro Brochón. Obra arquitectónica e pictórica reunidas', unha inauguración que tamén contará coa asistencia do concelleiro Francisco Díaz Gallego.
A exposición, que rende tributo ao arquitecto e pintor coruñés co gallo do centenario do seu nacemento, viaxa pola vida e obra de Tenreiro Brochón, que vislumbrou a construción como unha vía para interconectar a arquitectura, a pintura e a escultura. O seu traballo é recoñecido case que de forma popular polo deseño da fonte das Paxariñas, no barrio de Elviña, mais o seu selo tamén pervive a día de hoxe en numerosos locais comerciais da cidade, así como nos murais da Casa Enrique, da rúa Compostela.
SEMANA DA ARQUITECTURA 2023
A programación completa da Semana da Arquitectura 2023, na que todas as actividades serán abertas á cidadanía, é a seguinte:
VENRES 29 DE SETEMBRO
SÁBADO 30 DE SETEMBRO
LUNS 2 DE OUTUBRO (Día Internacional da Arquitectura)
MARTES 3 DE OUTUBRO
MÉRCORES 4 DE OUTUBRO
XOVES 5 DE OUTUBRO
SÁBADO 7 DE OUTUBRO
DOMINGO 8 DE OUTUBRO
Desde as 12.00 horas: Roteiro divulgativo 'A Coruña histórica', con punto de encontro no acceso ao Xardín de San Carlos.
No caso das visitas guiadas ao mercado municipal de Durmideiras, ás instalacións da ETSAC e ao edificio do Banco Pastor será preciso tramitar a inscrición remitindo a solicitude ao enderezo electrónico semanadaarquitectura2023@coruna.gal.
As demais actividades da programación serán de acceso libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible