Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de septiembre de 2024

A Tempada Lírica 2024 arrinca este domingo co primeiro pase de ‘La Bohème’, de Puccini

Aínda quedan entradas dispoñibles para o segundo pase do martes 10

A Tempada Lírica 2024, promovida polo Concello da Coruña xunto con Amigos da Ópera da Coruña, comezará mañá a súa programación co primeiro dos dous pases de 'La Bohème', de Giacomo Puccini. Este ano búscase render homenaxe ao autor italiano no centenario do seu falecemento. O Goberno de Inés Rey mantén a súa aposta pola programación lírica, enriquecendo o gran abano cultural existente na cidade.

Este domingo 8 e o martes 10 o Palacio da Ópera será o espazo no que se poderá volver ver na Coruña, tras 17 anos, 'La Bohéme', título co que se inicia o recordo a Puccini. Ademais, significará o regreso á tempada do tenor Celso Albelo, no rol de Rodolfo, e no de Mimi estará Miren Urbieta-Vega, coprotagonista do peche de tempada 2023. O resto do elenco o conforman Massimo Cavalletti, Helena Abad, Manuel Mais, Simón Orfila, Pablo Carballido, Jacobo Rubianes e Alfonso Castro. Unha produción chegada do Luglio Musicale Trapanese, coa dirección de escena con Danilo Coppola. A Orquestra Sinfónica de Galicia estará dirixida por José Miguel Pérez- Sierra, nunha montaxe que contará cos coros Gaos e Cantabile.

As entradas para a sesión do domingo están esgotadas, mais aínda quedan localidades para a do martes. Os billetes poden adquirirse a través de Ataquilla e no despacho da praza de Ourense.

Unha programación en torno a Puccini

A homenaxe a Puccini, así como a Tempada Lírica 2024, finalizará o mesmo día no que se conmemora o centenario, o 29 de novembro coa Gala de Clausura cunha selección de arias e obras orquestrais de Puccini protagonizada pola soprano Hui Hei, especialista e gran coñecedora da obra do autor. Xunto a ela a Orquestra Sinfónica de Galicia estará dirixida por Beatrice Veneci, directora artística da Nova Orquestra da Toscana.

Isto é o principio e o final, pero ao longo destes tres meses a programación completarase cunha ampla axenda de actividades. O barítono coruñés Javier Franco, xunto a José Ramón Martín ao piano, ofrecerá un programa de canción galega e zarzuela. Será o 15 de setembro no Teatro Rosalía de Castro. Neste mesmo mes de setembro representarase a segunda das óperas da tempada, 'L´elisir d´amore', que se representará os días 27 e 29. O Teatro Colón acollerá a produción do Teatro Trapanni que dá unha visión da obra desde o punto de vista de Botero, no primeira aniversario do falecemento do artista plástico. 

O baixo barítono croata Marko Mimica actuará por primeira vez na Coruña o 23 de outubro. No Teatro Rosalía de Castro presentará o seu programa 'Long time ago'. O público terá a oportunidade de gozar coa interpretación do artista de cancións rusas e americanas que se completará cun repertorio camerístico francés. Estará acompañado ao piano polo músico cubano Marcos Madrigal.

O mes finalizará co comezo dunha nova edición do curso de interpretación vocal que en está ocasión estará a cargo de Carlos Álvarez. O barítono substituirá a Mariella Devia e Fiorenza Cedolins responsables nas últimas tempadas. O curso finalizará o 5 de outubro coa realización dun concerto no que todo o alumnado presentarase ante o público no Auditorio de Afundación. Desta cita sairá seleccionado o cantante que protagonizará uns dos recitais de lírica inclusiva 2024.

A tempada continuará coa estrea absoluta da obra: 'Pálido punto azul', asinada polo compositor galego Javier Otero. O 12 de novembro no Teatro Rosalía de Castro o público terá a oportunidade de ver por primeira vez esta obra colectiva na que se unen diferentes expresións artísticas que segundo asegura o seu autor xorde da necesidade de "mirarnos a nós mesmo". 

O 24 de outubro Afundación acollerá a presentación do libro de Manuel Rajal 'Historia de la ópera en viñetas'. Unha aproximación lúdica e para todas as idades á lírica. O 14 deste mes o mesmo espazo acollerá a proxección e posterior coloquio de 'Solo hay horizonte'. Unha ópera asinada por Juan Vara e trasladada ao cinema por Miguel del Río. 

Este mes completarase cos recitais do ciclo Novas Voces Galegas con Andrea Rey, que será o día 20 en Afundación e o día 22 con Mónica Redondo protagonizará o ciclo Xeración Ascendente, no Museo de Belas Artes da Coruña. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión