Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de junio de 2024

Aberta a nova área de calistenia de José Toubes, no barrio de Catro Camiños

Con este recinto, que se suma á pista de skate e a pista multideporte habilitadas baixo o viaduto, o Concello amplía a dotación de infraestruturas deportivas existentes no barrio

A alcaldesa, Inés Rey anunciou que este luns quedará aberta a nova área de calistenia da praza José Toubes, no barrio de Catro Camiños.

Este espazo, de nova creación, está localizado no sector norte da praza, nun punto que anteriormente era un espazo de lecer e descanso no que había un círculo central de céspede (o antigo areeiro) e que se recuperou agora para a práctica deportiva.

Nesta superficie xa se instalaron novos equipamentos para o exercicio ao aire libre, cos que as persoas usuarias poderán practicar actividade física usando o seu propio peso corporal. Habilitáronse circuítos de adestramento de fortalecemento muscular, con estruturas combinadas que inclúen barras de monkey-swing, un banco de abdominais inclinado e barras para o exercicio de tríceps. Tamén hai estruturas de barras paralelas, para flexións e push-ups.

A apertura da nova área de calistenia de José Toubes complementa as dotacións deportivas xa habilitadas polo Goberno de Inés Rey baixo o viaduto de Alfonso Molina, onde a mediados do ano pasado abriuse ao público unha pista de skate e outra pista multideporte no sector que está fronte á igrexa de San Pedro de Mezonzo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión