Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de setembro de 2024

Aberta a venda de entradas para a nova tempada de espectáculos do Ciclo Principal no Teatro Rosalía de Castro, que volve a vindeira fin de semana

A programación de outono comezará o venres 13 con ‘Tan solo el fin del mundo’, que se despide na Coruña da súa xira española coa actriz herculina María Pujalte entre o elenco de protagonistas

Case 600 persoas formalizaron xa o seu abono con vistas á nova tempada de outono do Ciclo Principal no Teatro Rosalía de Castro, que se porá en marcha a vindeira fin de semana e incluirá un total de 13 espectáculos entre os meses de setembro e decembro, coa participación de compañías galegas, nacionais e tamén internacionais.

Neste sentido, e tras rematar o prazo de renovación de abonos e tamén o de novas altas, o Concello habilitou este venres a venda de entradas libres para asistir ás funcións previstas no Ciclo Principal ata finais de ano. O custo dos pases vai dos 5 aos 25 euros, con descontos para as persoas posuidoras do Carné Xove, maiores de 65 anos ou en situación de desemprego. Tamén haberá descontos para familias numerosas ou grupos de máis de vinte persoas.

A venda de entradas xa está habilitada no despacho de billetes da praza de Ourense (luns a venres, de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas) e tamén a través da páxina web de Ataquilla. Ademais, poderán adquirirse pases no Teatro Rosalía de Castro os días de cada función, sempre e cando haxa entradas dispoñibles.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou "a calidade da programación, con compañías e figuras de primeiro nivel", entre os que estarán recoñecidos profesionais das artes escénicas como Vicky Luengo, Albert Pla, Irene Arcos e Pedro Casablanc

O primeiro espectáculo levará selo coruñés. 'Tan solo el fin del mundo', unha produción de Teatro Kamikaze e Teatro Español, dirixida por Israel Elejalde, abrirá o calendario os días 13 e 14 de setembro. Irene Arcos, recoñecida polo seu traballo nas series Élite ou El embarcadero, é unha das actrices que protagoniza a peza, acompañada pola actriz herculina María Pujalte e Eneko Sagardoy, entre outros.

Cómpre lembrar que a programación do Ciclo Principal conta co apoio da AGADIC a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA).

Calendario do Ciclo Principal de Outono no Teatro Rosalía de Castro

Setembro

Venres 13 e sábado 14: 'Tan solo el fin del mundo'.

Venres 27 e sábado 28: 'Don Ramón María del Valle-Inclán'.

Outubro

Sábado 5 e domingo 6: 'Bodas de sangre'.

Venres 18 e sábado 19: 'En mitad de tanto fuego'.

Venres 25 e sábado 26: 'O dragón de ouro'.

Novembro

Venres 8 e sábado 9: 'Me llamo Suleimán'.

Xoves 14: 'Terceiro acto'.

Venres 15: 'El testamento'.

Sábado 23: 'The ministry of unresolved feelings'.

Venres 29 e sábado 30: 'Prima facie'.

Decembro

Venres 13 e sábado 14: 'Entrega en man'.

Venres 20 e sábado 21: 'Yerma'.

Sábado 28: Concerto de Albert Pla: '¿Os acordáis?'.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión