27 de octubre de 2024
Os centros educativos interesados neste programa municipal poderán apuntarse na web municipal ata o 22 de novembro
O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición no programa do IV Concurso Imaxina Coruña do 28 de outubro ao 22 de novembro de 2024. O Goberno de Inés Rey renova a súa aposta por esta iniciativa que busca difundir o coñecemento científico entre o alumnado.
A temática desta edición é 'Auga Limpa, Futuro Sostible', unha oportunidade para que os e as estudantes desenvolvan competencias científicas e sociais, á vez que achegan solucións creativas a un dos maiores desafíos do noso tempo: garantir o acceso universal a auga limpa e o saneamento.
Os centros educativos públicos e concertados da Mancomunidade de Municipios da Coruña, que abrangue os concellos de: A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, con grupos de alumnado de ESO e Bacharelato, interesados en formalizar a súa participación neste programa do Plan Coruña Educa poden facelo na web educativa do Concello, a través desta ligazón.
"O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria", explica o concelleiro de Educacion e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego. A organización propón cada ano un tema que serve de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) e que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
24 de octubre de 2024
20 de octubre de 2024
16 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible